Santa Comba
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Santa Comba (homónimos).
Santa Comba é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca do Xallas. Segundo o IGE en 2015 tiña 9.635 habitantes (10.487 no 2009, 10.588 no 2007, 10.647 no 2006, 10.683 no 2005, 10.704 no 2004, 10.823 en 2003). O seu xentilicio é «combés» ou «xalleiro». EtimoloxíaO nome provén de Santa Comba de Sens, virxe e santa galaica do século III cuxa lenda mestúrase con lendas celtas precristiás relacionadas con outras santas como Comba de Cornualla e Comba de Córdoba. XeografíaEstá situada no oeste da provincia da Coruña, e ten 203 km². Pertence á comarca do Xallas, e ten un relevo pouco accidentado con suaves ondulacións cunha altitude entre os 300 e os 500 metros. O clima é atlántico moi húmido propio das zonas costeiras de Galicia. As choivas son moi abundantes, principalmente entre os meses de novembro e febreiro. A capital do concello é Santa Cataliña de Armada, fusionada co núcleo de poboación de Santa Comba, situada case no centro xeográfico do municipio. Está a 62 km da Coruña, 28 de Santiago de Compostela (ámbalas dúas con aeroporto) e a 68 de Fisterra.
![]()
Galería de imaxes
ParroquiasLugares de Santa CombaPara unha lista completa de todos os lugares do concello de Santa Comba vexa: Lugares de Santa Comba. NotasVéxase tamén
Ligazóns externas
Information related to Santa Comba |
Portal di Ensiklopedia Dunia