AmesPara outras páxinas con títulos homónimos véxase: Ames.
Ames é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Santiago. Segundo o IGE, o 1 de xaneiro de 2018 tiña 31.278 habitantes (15.015 homes e 16.263 mulleres) (en 2012 29.331 habitantes, 27.900 no 2010, 24.553 no 2007, 23.219 no 2006, 22.228 no 2005, 20.840 no 2004).O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «amesán».[1] Poboación
ToponimiaToponimiaO topónimo Ames, documentado na Idade Media como Oiames, podería ser un hidrónimo derivado da raíz indoeuropea weg-, referida a un lugar moi húmido, a través da forma con superlativo en acusativo plural *Ugiamos ou *Ugiamas.[2][3] XeografíaTen unha superficie de 80 km². Limita cos concellos de Santiago de Compostela, Teo, Brión, Negreira, A Baña e Val do Dubra. As poboacións principais son O Milladoiro e Bertamiráns. HistoriaO val da Amaía estivo moi vinculado desde a Baixa Idade Media ás principais e máis influentes liñaxes nobres. Situado no Camiño Xacobeo a Fisterra, destaca a ponte Maceira sobre o río Tambre en Agrón. No Milladoiro situábase o fito onde os peregrinos divisaban por primeira vez as torres da catedral compostelá. En 1812 constituíuse o concello de Biduído, adscrito ó partido xudicial de Santiago e á provincia única de Galicia. En 1821 o concello de Biduído integrouse na provincia da Coruña. En 1835 a capital pasou a ser a parroquia de Ames, cambiando o nome do concello. Destacan os Santuarios de Barouta e da Madalena e os pazos de Lens e Leboráns. Galería de imaxes
PolíticaParroquiasLugares de AmesPara unha lista completa de todos os lugares do concello de Ames vexa: Lugares de Ames. Notas
Véxase tamén
Outros artigosLigazóns externas
Information related to Ames |
Portal di Ensiklopedia Dunia