OutesPara outras páxinas con títulos homónimos véxase: Outes.
Outes é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Noia. Segundo o IGE en 2021 tiña 6.150 habitantes (7.425 no 2009, 7.751 no 2006, 7.889 no 2005, 8.050 no 2004, 8.243 en 2003). O xentilicio é «outés» ou «outense».[1] XeografíaOutes ten unha superficie de 99,74 km², e abrangue 11 parroquias. Limita ao norte con Mazaricos e Negreira, ao sur co río Tambre (e a súa desembocadura na ría de Muros e Noia), ao leste con Noia e ao oeste con Muros. A capital municipal está na Serra de Outes. Ten unha elevada altitude media, con cinco cumios que roldan os 500 metros de altitude, sendo o monte Tremuzo o punto máis alto. Outes conta cun clima oceánico húmido debido á proximidade do océano Atlántico. As precipitacións son maiores durante os meses de novembro a marzo, pero no verán soben as temperaturas e as choivas son escasas debido á presenza case constante do anticiclón dos Azores. HistoriaO territorio de Outes foi habitado desde tempos remotos, como testemuñan os restos de megálitos, petróglifos e poboados castrexos. Trala romanización de Galicia e a chegada dos suevos, na Idade Media a zona sufriu ataques de viquingos e piratas musulmáns. O arcebispo Diego Xelmírez equipou unha frota para combatelos.[2] EconomíaNa economía de Outes destaca o sector primario (pesca, marisqueo, gandería e agricultura), pois dende séculos atrás as actividades agropecuarias veñen ocupando a maior parte da poboación activa. Respecto á gandería, actualmente hai varias explotacións de coellos e ovellas, sendo máis importantes as explotacións de gando vacún, dedicadas á produción de leite e carne. O sector pesqueiro concéntrase en boa medida nos peiraos de Freixo e San Cosme. O sector secundario tamén ten certo peso, destacando catro sectores na produción industrial: serradoiros, estaleiros, formigón e construción. DemografíaA cifra máis alta de poboación acadouse a mediados do século XX, en 1950, con 11.303 habitantes. Posteriormente foi descendendo a un ritmo do 7 % cada década, debido primeiro ao aumento da emigración cara a outros países de Europa, e despois aos EUA e as illas Canarias, tendo 9.968 habitantes en 1970. Na actualidade a cifra de habitantes segue a descender cada ano.
![]()
CulturaO poeta Francisco Añón, un dos precursores do Rexurdimento galego, era da aldea de Boel.[3] Entre outras actividades, o concello organiza anualmente o Certame de poesía Francisco Añón.[4] A súa irmá foi Nicolasa Añón, e hai uns anos[cando?] atopáronse uns manuscritos con poemas da súa obra e a Asociación Cultural Terra de Outes publicou un libro profundizando na súa historia.[5] No 1905 nace Arximiro Suárez, un destacado mestre e pintor da comarca. O sombreiro de labranza sancosmeiro, orixinario da parroquia de Santo Ourente de Entíns, é un símbolo de identidade do municipio.[6] Durante moitos anos o maior galardón entregado polo concello era o Sancosmeiro de Ouro, un certame anual que escollía o premiado no pleno municipal.[7] Festas grandes das parroquias
Festas do concello
Galería de imaxes
ParroquiasLugares de OutesPara unha lista completa de todos os lugares do concello de Outes vexa: Lugares de Outes. Notas
Véxase tamén
Outros artigosLigazóns externasInformation related to Outes |
Portal di Ensiklopedia Dunia