CercedaPara outras páxinas con títulos homónimos véxase: Cerceda.
Cerceda é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Ordes. PatrimonioExisten restos de dous castros galaicos, o castro de Coto de Guichar (na parroquia das Encrobas) e o castro de Cerceda. Neste atopouse un torque de ouro. Entre os diversos templos relixiosos destaca a igrexa de Santo André de Meirama, construída no século XII e reformada en 1720. Do pazo de Boedo, declarado en 1994 Ben de Interese Cultural, mantense do un caserón cun par de chemineas e uns brasóns. No pazo-torre de Gontón das Encrobas están localizadas na actualidade as oficinas da empresa mineira Limeisa. A súa torre tiña orixe medieval. O pazo das Lavandeiras foi construído no século XVIII, de estilo barroco, estando no presente restaurado. Forma parte dun conxunto histórico fundado polos descendentes dos Becerra. EconomíaCerceda é un concello con dúas grandes empresas, a Central Térmica de Meirama e a planta de tratamento de residuos da empresa de Sogama outras empresas están no polígono industrial do Acevedo. Durante o verán abre o parque acuático Aquapark.[1] Recursos de lecerCerceda conta cun parque acuático municipal que está aberto na época estival. Tamén ten 3 rutas homologadas de sendeirismo:
Galería de imaxes
DemografíaSegundo o IGE a súa poboación no 2014 era de 5.156 habitantes (5.570 no 2009, 5.483 no 2006, 5.500 no 2005, 5.499 no 2004, 5.471 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «cercedense».
Parroquias
Lugares de CercedaPara unha lista completa de todos os lugares do concello de Cerceda vexa: Lugares de Cerceda. Notas
Véxase tamén
Outros artigosLigazóns externas
Information related to Cerceda |
Portal di Ensiklopedia Dunia