FradesPara outras páxinas con títulos homónimos véxase: Frades.
Frades é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Ordes. Segundo o INE en 2023 tiña 2.246 habitantes (2273 no 2022,2306 no 2021,2302 no 2020,2706 no 2009, 2841 no 2006, 2871 no 2005, 2920 no 2004, 2975 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «fradense». XeografíaO concello ten 81,7 km², e abrangue 12 parroquias e 138 entidades de poboación. Limita ao norte con Mesía, ao sur con Arzúa, O Pino e Oroso, ao leste con Boimorto e ao oeste con Ordes. A capital está en Cimadevila,Frades, e o maior núcleo de poboación é Ponte Carreira, na parroquia de Gafoi á beira do río Tambre. Está a 33 km de Santiago de Compostela, sendo lugar de paso entre a capital galega e Sobrado dos Monxes. ![]() OrografíaTen un relevo suave con altitudes entre os 441 m cara ao norte, e os 280 ao sueste, cara ao río Tambre. O río Samo, afluente do anterior, fai de fronteira con Ordes. HidrografíaA rede hidrográfica, que discorre por este ondulado territorio, está organizada en torno ó río Tambre, que entra no concello polo leste e establece o límite natural cos concellos de Boimorto, Arzúa e O Pino. Con dirección case perpendicular ó río principal, flúen varios dos afluentes da súa marxe dereita: os ríos Maruzo e Samo son os máis importantes, ós que hai que engadir, debido á abundancia de precipitacións, numerosos regatos de certa entidade, coma o Gaiteiro e o Mostás, que desaugan no río Maruzo, e os de Pío e O Porto, que o fan directamente ó río Tambre. ClimatoloxíaTen clima oceánico, con máis de 1400 mm de precipitacións anuais. O clima caracterízase pola abundancia de precipitacións e a suavidade das temperaturas. A media anual é de 12 °C, a mínima prodúcese en xaneiro (7 °C), e a máxima en agosto (17 °C). As características termopluviométricas e a abundancia de pequenos regatos, que percorren o termo, favorecen o predominio das terras destinadas a cultivos herbáceos. Destacan as terras labradas e as dedicadas a pastos permanentes fronte a unha menor porcentaxe de espazos forestais nos que predomina o eucalipto, e a matogueira, unha paisaxe de praderías moi verdes, extensas e onduladas. DemografíaSegundo as proxeccións de habitantes, a poboación de Frades mantivo un número máis ou menos constante desde 1900. O descenso de poboación producido desde mediados dos anos 60 debeuse fundamentalmente a un troco de residencia aos municipios de Ordes e de Santiago, que supuxo unha certa ruptura do contacto socioeconómico co lugar de orixe. Por esta razón a construción de vivendas descendeu nas últimas décadas do século XX e influíu nas do XXI. O saldo migratorio que experimentaba nos primeiros anos tiña valores positivos pero é a partir de 1970 cando se produce o efecto contrario e o saldo de entradas e saídas é negativo. Desde o inicio do século XXI a nivel municipal a demografía presenta unha tendencia ao estancamento, con taxas de natalidade moi baixas e de mortalidade elevadas, negativas en definitiva. O continuo descenso nos últimos anos derivou nunha pirámide de idades cunha base estreita –poucos efectivos novos- e un predominio das idades adultas e vellas, o que implica un envellecemento da poboación. A idade media dos habitantes de Frades é de 47,8 anos (46,5 nos homes e 49,1 nas mulleres). O índice de envellecemento é de 211,4, o que significa que o relevo xeracional case non exististente. Da análise da evolución da poboación dos núcleos durante o período 2000-2008 despréndese que dos 73 computables a nivel de censos de poboación no municipio de Frades, 52 teñen o carácter de regresivos ou fortemente regresivos; é dicir, perden poboación en termos absolutos. Só 4 núcleos son progresivos ou fortemente progresivos, o que indica incrementos de poboación por encima do 10%. Os 17 restantes permanecen estacionarios con aumentos inferiores ó 10%. No que respecta ás parroquias, obsérvase que tódalas parroquias experimentaron un descenso en relación á poboación do ano 2000. En ningunha parroquia a tendencia é estacionaria, progresiva ou fortemente progresiva.
![]()
ComunicaciónsA principal vía de comunicación que atravesa o concello é a N-634 de Santiago de Compostela a Ribadeo, pasando por Curtis. Dende o lugar de Ponte Carreira ata Santiago a distancia é de 27 quilómetros. Pasa tamén próxima ó concello a autoestrada AP-9, co enlace de Ordes a 3 quilómetros. Dentro do concello existen varias estradas locais, entre a que cabe destacar a que une Ponte Carreira con Ordes. HistoriaIdade antigaSon escasos os achados arqueolóxicos que constatan a ocupación do termo nas épocas prerromanas e romanas, reducíndose neste último caso ós restos dunha vía que pasaba pola parroquia de Gafoi[1]. Idade modernaNo antigo réxime pertencía á provincia de Santiago de Compostela, estando o territorio dividido nas xurisdicións de Mesía e Folgoso, esta última baixo tutela do condado de Altamira. Na parroquia de Moar existiu unha posada, no lugar de Castiñeiro Redondo (na zona pertencente ao concello de Oroso). Esa casa, hoxe xa desaparecida, pertencía á familia Mandayo Rey, e as súas terras lindaban coas dos Linares Rivas, donos do Pazo de Galegos. A mencionada familia estaba ligada á de Ares García, coñecidos polo de "O Fidalgo", do lugar de Queirís e onde se pensa que existiu un pazo[2]. Idade contemporáneaEste concello foi constituído en virtude do Decreto do luns 26 de decembro de 1836.[3] Na sesión plenaria do 24 de xullo de 1991 a Corporación aprobou o escudo municipal.[1] CulturaTopónimoO seu topónimo deriva do latín fratres, irmáns, seguramente monxes, freires dunha congregación relixiosa.[4][1] Coñécense rexistros medievais, mesmo anteriores ao ano 1000, do nome dalgunhas parroquias de Frades (Gafoi, Galegos, Céltigos, Ledoira, Papucín...), mais a que motivou o nome do concello non se documenta por escrito, co complemento “de Frades”, ata datas tardías. Do uso dese complemento temos exemplos medievais noutras localidades da contorna (Bila Mayor de Frades, 1446) pero só rexistramos San Martiño de Frades no século XVI. Nos Censos da coroa de Castela dese século figura como San Martino de Frades entre as freguesías do arciprestado de Barbeiros.[5] PatrimonioPatrimonio civilO pazo de San Martiño de Galegos[6] é renacentista, do século XVII. Nel hospedáronse o 15 de abril de 1690 Mariana de Neoburgo e mailo seu irmán. Tras chegaren en barco desde Flandres a Mugardos, pasaron pola Coruña e Compostela para seguir en dirección á corte de Madrid. En agradecemento pola pousada, o rei Carlos II de España (esposo de Mariana) concedeu aos propietarios do pazo o dereito de ser pechado con cadea. No lintel hai unha inscrición ao respecto, co seguinte texto: En 15 de Abril de 1690 durmió en esta casa la Reina Ntra. Sra. D.ª Mariana de Neoburgo, mujer del rey Ntro. Sr. D. Carlos 2º, viniendo de la Coruña en Romería a Ntro. Santo Apóstol Santiago. Siendo dueños de esta Casa D. Antl. Mosquera Pimentel Riva de Neira casado con D.ª Baltasara Antonia de Luna Lovera y Valladares. Ad Majorem Dei Gloriam.
O pazo do Peñasco está na parroquia de Abellá. Foi construído no século XVII por Pedro Vázquez Vaamonde, pero foi reconstruído recentemente. Ten un escudo timbrado coa cruz de Malta e catro cuarteis: o «M» dos Montenegro, os escasques dos Bermúdez, a cabeza de lobo dos Moscoso e un castelo. O pazo do Peñasco é un claro exemplo do que foi a evolución construtiva deste tipo de edificacións ao longo dos séculos, xa que nel se poden apreciar distintas etapas. A actual planta en forma de “U” xorde dun volume principal de traza rectangular ao que se lle van apegando novos corpos, seguindo as necesidades dos propietarios e facendo que o pazo medre ata configurar a tipoloxía máis evolucionada na arquitectura palaciana. A entrada pode realizarse de dúas formas, ben a través do portón que elegante se recorta no muro de peche e que se abre ao patio descuberto, ou ben directamente á vivenda no volume situado á dereita do devandito acceso. Neste mesmo corpo aparece apegada unha pequena capela que mantén a tipoloxía dos vans, distinguíndose tan só pola presenza dunha sinxela espadana que, coroada con pináculos, interrompe a liña da cornixa. Recentemente levouse a cabo unha reconstrución do edificio. Actualmente é unha propiedade privada non visitable. Outras casas grandes son a casa do Fogueteiro (Aiazo), casa de Botana (Cimadevila) e a casa do Cruceiro (Añá). O museo etnográfico de Frades reúne útiles e ferramentas tradicionais do campo e do fogar. Patrimonio relixioso
Patrimonio naturalNo concello existen unha multitude de áreas recreativas e zonas de lecer[2], tales como:
EtnografíaFestas parroquiais
+San Estevo o 26 e o 27 de decembro. +Corpus Christi, o domingo máis próximo ao propio día do Corpus Christi. +Nosa Señora do Carme,domingo máis próximo ao 16 de xullo.
+San Pedro, a última fin de semana de xuño. +San Roque, o domingo seguinte a Santa María.
+San Paio, o sábado anterior máis próximo ao 26 de xuño. +Santa María, o 15 e o 16 de agosto.
+San Xulián, o 7 e o 8 de xaneiro. +Nosa Señora de Augasantas, o segundo domingo de setembro.
+Santa María Madalena, o 22 de xullo. +San Nicolao, o 10 de setembro. +San Miguel, o 29 de setembro. +San Martiño, o 10 e o 11 de novembro.
+Santa Mariña, o 18 e o 19 de xullo. +Nosa Señora do Rosario, o segundo domingo de outubro.
+Nosa Señora do Carme, o 25 de xullo. +San Martiño, a fin de semana anterior máis próxima ao San Martiño.
+Nosa Señora do Carme, o primeiro domingo de agosto. +Santo Antón, o 13 de xuño +San Martiño, a segunda fin de semana de novembro.
+Santa Margarida, o 20 de xullo. +Divino Salvador, o 25 de decembro.
+Nosa Señora do Carme, o segundo sábado de xullo. +Santísimo Sacramento, o segundo sábado de agosto. +San Roque, o primeiro domingo de setembro. +Santa Eulalia, o segundo sábado de decembro.
+Santa Cruz, o primeiro sábado de maio. +Santa María, o 15 e o 16 de agosto.
+San Xoán, o 24 e o 25 de xuño. +Nosa Señora das Virtudes, o primeiro sábado de setembro. Festas gastronómicas
Outras festas
EconomíaFrades é un dos poucos municipios de Galicia nos que o 100% dos terreos están redistribuídos e entregados para a súa explotación (hoxe o número de parcelas é a terceira parte das existentesarredor do ano 2000), e que permitiu unha boa organización interna das explotacións gandeiras. En canto ó uso do solo, o municipio está especializado en pastos e cultivos forraxeiros. Destaca a existencia de dúas cooperativas agrarias. Non obstante, o número de explotacións gandeiras reduciuse moderadamente, non así o número de cabezas de gando, pasando das 389 explotacións e 11.389 bovinos en 2002, ás 328 explotacións e 11.582 vacas no ano 2007, aínda que no 2018, o número de explotacións rexistradas ascendeu a 393, con 11711 unidades gandeiras. Nunha análise histórica constátase a redución da ocupación na agricultura. O 54,08% dedicábase a ela en 1991, reducíndose ó 35,75% en 2001. A taxa actual reduciuse froito da diversificación noutros sectores. O sector que máis se favoreceu desta diversificación foron os servizos. Ocupaban ó 21,23% en 1991, ascendendo ó 29,47% en tan só dez anos. A súa taxa de ocupación actual sitúan ó sector como a segunda rama principal de ocupación, por debaixo da agricultura. En canto ós outros sectores, a construción diminuíu desde o 14,23% en 1991 ó 13,95% dez anos despois. A industria experimentou un grande ascenso da súa ocupación, sobre todo o que atinxe á industria manufactureira, pasando do 9,60% no 1991 ó 20,16% de 2001, debido ó pulo das empresas do sector téxtil, e de extracción de áridos. No ano 2018, dispoñemos de datos empresariais respecto ó sector servizos, onde Frades conta nesas datas con 134 empresas distribuídas da seguinte maneira: 14 empresas de industria, 31 empresas de construción, 55 empresas de comercio, transporte e hostalaría e 34 empresas de servizos. Os cultivos principais que se realizan no concello de Frades, do mesmo xeito que no resto da comarca, son os cereais e os tubérculos. Galería de imaxes
ParroquiasLugares de FradesPara unha lista completa de todos os lugares do concello de Frades vexa: Lugares de Frades. Notas
Véxase tamén
Outros artigosLigazóns externas
Information related to Frades |
Portal di Ensiklopedia Dunia