CurtisPara outras páxinas con títulos homónimos véxase: Curtis.
Curtis é un concello da comarca de Betanzos, na provincia da Coruña limítrofe coa provincia de Lugo. Segundo o IGE no 2014 tiña unha poboación de 4048 habitantes (4159 no 2012, 4214 no 2011, 4228 no 2010). O concello ten dous importantes núcleos de poboación separados 12 km: Teixeiro, onde está a casa do concello, e Curtis que tamén é o nome histórico do concello. O xentilicio é «curtense».[1] XeografíaSituación![]() O concello está situado no interior de Galiza, no límite oriental da provincia da Coruña limitando coa provincia de Lugo. Forma parte xunto con outros dez concellos da comarca de Betanzos de quen depende xudicial e administrativamente. As parroquias católicas dependen da arquidiocese de Santiago de Compostela. O concello, de 116,6 km², limita ao norte co concello de Aranga, ao leste co concello de Guitiriz xa en Lugo, ao sur con Sobrado e Vilasantar e ao oeste con Mesía e Oza-Cesuras. OrografíaCurtis é unha extensa superficie de chaira que vai elevándose cara ao leste. Nesta zona atópase a Serra da Cova da Serpe, límite xeográfico coa provincia de Lugo. Outros cumios son o monte da Graña e o Monte Enxameado. Estas zonas montañosas dividen as tres cuncas hidrográficas do concello: a do río Mandeo, a do Tambre e a do Mendo. A altitude en todo o concello está entre os 450 e 554 metros sobre o nivel do mar e o lugar máis alto é o Monte Enxameado de 602 metros de altitude. A paisaxe é típica da Galiza do interior: vexetación inzada de pequenos prados, valados, chousas, pequenos camiños e corredoiras, e pequenas granxas de gando vacún pacendo. Hai moitos montes de eucaliptos e piñeiros, e entre uns e outros hai soutos e carballeiras. Hidrografía![]() ![]() ![]() Os tres ríos principais do concello son o Mandeo, o Mendo e o Deo. O río Mandeo percorre boa parte dos seus 53 km polo concello. Nace no alto das Pías (a 720 msnm en Sobrado) ó lombo da Cova da Serpe e desemboca na ría de Betanzos. Teixeiro e Curtis, xunto con Sobrado forman a cunca alta deste río. No río dáse a troita común. O río Mendo nace no monte da Graña (580 msnm). Logo de pasar por San Mamede e Bandoxa (Oza-Cesuras) recibe as augas do Minator. A partir de Souto (Coirós) vólvese máis sinuoso, e descende rapidamente, para discorrer paralelo ó Mandeo e desembocar coma este na ría de Betanzos. O río Deo, de 16 km, é un afluente do Mandeo. Nace nos montes da Carriceira (548 msnm) e desemboca no Mandeo á altura da Castellana. Agás no seu tramo final no que se une ó Mandeo, o Deo discorre por terreos máis ou menos homoxéneos en altitude, producindo no seu curso abundantes brañas. Clima
DemografíaA poboación total é de 4048 habitantes en 2014 aínda que hai un alto número de poboación emigrada ou que por traballo reside noutros concellos. ![]()
A poboación distribúese entre as súas catro parroquias do seguinte xeito:
A evolución da poboación estivo moi relacionado coa chegada do ferrocarril no final do século XIX, manténdose o crecemento de poboación ata mediados do século XX. Este aumento da poboación rematou coa chegada do ferrocarril a Santiago de Compostela e a perda desa situación de Curtis como nó de comunicacións. Dende a década de 1950 a baixada de poboación foi progresiva. Nas décadas de 1960 e 1970 a emigración foi ás cidades galegas máis próximas abandonando a explotación do agro como medio de vida. Actualmente está estabilizada esa poboación. A mellora das comunicacións permitiu que moita xente que antes tiña que emigrar ou pasar boa parte do ano fóra agora teñan como segunda residencia o concello, ou que este sexa un lugar onde pasar a xubilación e non só os meses de verán. Historia![]() A historia do concello de Curtis está vencellada á de Sobrado e Vilasantar. Nestes concellos existen dúas parroquias co nome de Curtis: A Ciadella, antiga Ciadella de Curtis[2], en Sobrado e San Vicenzo de Curtis en Vilasantar. Os concellos de Curtis, Vilasantar, Sobrado e algunhas terras máis formaban o condado de Présaras, un dos máis importantes dende a época sueva ata o século X. Curtis pasou a depender do mosteiro de Sobrado cando o fundaron os condes Hermenexildo e Paterna. Curtis sufriu a chegada dos normandos na súa segunda incursión en Galiza (968-970). Comandados polo caudillo Gunrod chegaron a destruír a igrexa de Santa Eulalia: “…a causa dos nosos pecados viñeron as xentes dos normandos á nosa terra e destruíron esta igrexa (Santa Eulalia de Curtis) e outras da comarca; os seus sacerdotes foron levados presos e pasados pola espada; o lume consumiu as escrituras, e as mesmas pedras pereceron pola lapas.”[3] As catro parroquias que integran o actual concello pertencían a tres xurisdicións: Curtis, Fisteus e Sobrado. En 1812 creáronse os concellos de Curtis e Fisteus, vixentes ata 1814. En 1834 Curtis pasou a formar parte do partido xudicial de Arzúa, e os lindes actuais quedaron establecidos en 1836. Sábese que nesta época o camiño que se dirixía desde Guitiriz cara a Curtis podía ser obxectivo de bandidos ou asaltadores, por iso, no reinado de Isabel II (1833-1868) construíuse na vila guitiricense un edificio para os viaxeiros poderen facer un alto na viaxe se anoitecese. Dita construción serviu tamén para cobrar a portaxe.[4] ![]() Outra data importante na historia de Curtis, e a que achegaría un troco na estrutura agraria do concello, foi a construción da liña férrea Palencia-A Coruña inaugurada en 1883. A construción da estación de tren converteu a pequena aldea (o barrio de Bodeus) nun nó importante de comunicacións entre a meseta e Santiago de Compostela. Ata alí chegaban e saían os viaxeiros en tren. Facíase o transbordo cara a Compostela en carros e máis tarde en coche de liña. Dese crecemento xurdiu a necesidade de crear unha nova parroquia: Santa María de Lurdes creada en 1925, segregada da de Fisteus a iniciativa dos propios veciños. ![]() A principios dos anos 1920 o escritor mexicano Manuel Toussaint foi un viaxeiro abandonado na estación que publicou: "... el pueblo, si es que puede entrar en la categoría de pueblo una calle formada por casas pobres y feas: eso es Curtis. El polvo del camino, el polvo de esta calle nos tenía blancos"[5]. Esta situación de nó de comunicacións entre a Galiza da costa e a España do interior fixo do lugar un enclave importante, un fervedoiro político e sindical. Ao inicio da guerra civil un grupo de personalidades republicanas que ían de Madrid para A Coruña foron retidas na estación de Curtis, e foron fusiladas[6]. O constante paso de trens cheos de militares para a fronte fixo do concello un lugar inseguro. Os labregos deixaban as terras sen cultivar por medo a que lles disparasen desde os trens. Foi en plena guerra civil cando a casa do concello foi trasladada a Teixeiro. Rematada a guerra civil, a posguerra estivo marcada polos escapados que se refuxiaban na zona. O mítico guerrilleiro Benigno Andrade, Foucellas, que ata a súa captura e condena a morte mantivo a loita contra a Garda Civil, tiña a súa familia alí e era acosada a diario polas autoridades. Curtis era un cuartel tomado pola Garda Civil. Ata o 2008 mantivéronse o nome de rúas e prazas vinculadas á ditadura franquista. Curtis mantivo o nome da avenida Generalísimo ata que foi trocado por avenida Principal[7]. O concello aprobou un novo logotipo o 30 de xaneiro de 2008, unha icona coas iniciais de Teixeiro e Curtis xunto á idealización das catro parroquias que compoñen o concello todo en cor laranxa. O nome do concello aparece en dúas tipografías de cor gris[8]. ![]() CulturaToponimiaA orixe do topónimo de Curtis é incerta, podería vir de cohortis, pola lexión que había no campamento romano da Ciadella en Sobrado.[9] De feito, A Ciadella era coñecida como Cidadelie de Curtis.[2] Curtis aparece citado en 1199:
Na zona, contigua á Ciadella, hai tamén outra parroquia con igual topónimo: San Vicenzo de Curtis (no concello de Vilasantar). En 1873 coa chegada do ferrocarril a Curtis e Teixeiro publicouse un mapa no que aparecen citadas as dúas estacións, e Osbodeus (Bodeus). A corporación municipal o 17 de agosto de 1957 fixou o nome do lugar como Curtis-Estación. Xa a finais do século XX foise impoñendo por uso a forma Curtis, sen Estación. O 19 de setembro de 1983 a asociación de veciños de Curtis pediu a segregación. En xullo de 1998 o concello de Curtis puxo nos accesos ao lugar carteis co nome da parroquia: Concello de Curtis, Lourdes. Os veciños percorreron os camiños modificando os carteis colocando sobre o texto Lourdes o nome de Curtis[10]. No ano 2000 a Xunta de Galicia coa Lei 3/1983 de Normalización Lingüística publicou no Diario Oficial de Galicia o 11 de abril como nome oficial A Estación, sen Curtis. Tres meses despois por xestións do Concello, a Comisión de Toponimia revisou e publicou no DOG o topónimo oficial como Curtis sen máis engadidos[11]. Inscrición: "D[iis] M[anibus] S[acrum] / Iulio Seve / riano. Anno[rum] / XLVII memo / riam posuit / coniugi karissimo Pl / acidia Lupa / defuncto in valle Minei" (Consagración aos deuses romanos. Placidia Loba puxo este recordo en honor do seu queridísimo esposo, Xulio Severiano, morto aos 47 anos de idade no val do Miño). San Vicente de Fisteus (Curtis, A Coruña), exposto no Museo da Catedral de Santiago de Compostela. PatrimonioPatrimonio arqueolóxicoDe tempos anteriores á conquista romana localizáronse varios campos de mámoas e castros. Na zona de Curtis, Sobrado e terras próximas foron catalogadas un total de 211 mámoas, 67 das cales están no actual concello. As terras de Curtis estaban poboadas pola tribo dos ártabros, e desa época atopáronse no Cordal de Paradela e nos contrafortes do monte de Montouto (entre Aranga e Guitiriz) lousas marcadas con incisións semellando figuras humanas dándose a man[12]. No castro de Foxado atopáronse importantes xacementos arqueolóxicos e xoias de ouro, o Tesouro de Foxado exposto no Museo de Pontevedra. Os castros localizados no concello son os seguintes[13]: Da época romana atópase preto de Curtis o campamento romano da Ciadella. Patrimonio arquitectónico![]() As catro parroquias do concello contan co seguinte patrimonio arquitectónico relixioso:
A parroquia civil ten o nome de Lurdes, segundo di o Nomenclátor de Galicia[15]. A igrexa católica, de recente construción, leva a advocación da Virxe de Lurdes e foi construída no mesmo lugar en que había unha capela xa derruída. O vello cemiterio foi trasladado á Ronda da Coruña, onde está agora o novo.
Nesta parroquia hai tres igrexas: a de Santa María de Fisteus, do século XIII, a de San Roque de Xabriño, do século XVIII en perpiaño de cachotería, e a da Illana de recente construción.
Conta con dúas igrexas importantes. Por unha banda a da Nosa Señora dos Remedios (Teixeiro), orixinalmente do século X, foi construída probablemente para sacralizar un lugar de ritos célticos. Conta cun carballo de máis de 200 anos e unha fonte próxima. A igrexa orixinal sufriu numerosas remodelacións nos séculos XVII, XVIII, XIX e XX. A outra igrexa é a de Santaia, un templo primitivo construído no século X por Plasencio, avó do célebre San Pedro de Mezonzo. O templo está vinculado a este personaxe fundamental na historia de Galicia, que naceu no lugar de Chacente no ano 930.
A igrexa principal de Foxado data do século XVIII. É de tipoloxía barroca. A súa fachada é de perpiaños de granito e destaca a torre do seu campanario rematada en espadana.
Patrimonio natural
O tipo de solo que caracteriza a este concello é granítico nas súas dúas variantes: granitos de biotita e granitos de dúas micas. Cara ó oeste aparece unha reducida zona de xistos e cara ó sur unha área de rochas básicas. Coexiste unha gran diversidade de vexetación. As fragas contan con carballos, castiñeiros e bidueiros; cabe destacar a existencia de acivros e sanguiños así como gramíneas e herbáceas. A fauna atópase moi relacionada co tipo de clima e vexetación. Dentro da fauna cinexética destacan entre os mamíferos o raposo, corzo, xabarín, coello e a lebre. Entre as aves pode atoparse o paspallás, a perdiz e o faisán. Tamén se dá o lobo, unha especie protexida.
Curtis, mantén un Patrimonio Natural de grande valor ecolóxico e paisaxístico, debendo estar a súa conservación na contemplación dunha estratexia de desenvolvemento integral vertebrada en torno á Axenda Local-21, proxecto de desenvolvemento económico e humano sostible impulsado pola ONU e da que Curtis é pioneiro na provincia da Coruña. Curtis conta con 10 rutas de carácter local-2 (SL), ofrecendo cada un deles non só un atractivo paisaxístico senón que discorren por núcleos rurais onde se pode observar a arquitectura tradicional. Trátanse duns percorridos onde o rústico acada unha grande relevancia e, para non perder a sensación de unidade, é moi recomendable culminar todo o camiño dunha soa vez. Tres rutas cumpren os requisitos para ser homologados pola Federación Galega de Montañismo. EtnografíaCurtis na cultura popular
Aparece tamén Curtis na terceira estrofa da «Cantiga da montaña» de Aurelio Ribalta: De Trasanquelos á Curtis, / dende Vilacoba a Aranga, / dende Monfero a Sobrado, / dende Libureiro a Caldas, dende Santiago a Millide…[20] Festas e celebraciónsO concello conta cunha grande tradición de feira e hoxe en día mantén dúas feiras periódicas que teñen lugar en Curtis e Teixeiro. Nelas pódense atopar postos de todo tipo, roupa e alimentos locais, cesteiros e artesáns e gando.
SímbolosO escudo e maila bandeira foron aprobados por senllos decretos da Xunta de Galicia, publicados no Diario Oficial:
Cidades irmandadasCurtis está irmandado dende o 10 de xuño de 2014 con sete concellos europeos[23].
![]() Economía![]() Destaca a produción de leite e de queixo con Denominación de Orixe Arzúa-Ulloa. O concello ten unha importante base gandeira e forestal. No sector secundario destaca a industria da fabricación de taboleiro de madeira pola presenza do Grupo Losán orixinario de Curtis. En Teixeiro está situado o Polígono industrial Curtis-Teixeiro, con terminal de carga ferroviaria propia e onde estaba situada a fábrica de Sidegasa[24]. Construída nos anos 1970 e pechada a inicios dos anos 1980[25]. A empresa máis importante do polígono é Bioetanol Galicia[26]. A situación xeográfica do concello mantén un pequeno sector de servizos de hostalería, restauración e aloxamento. Infraestruturas
O sistema educativo do concello baséase en dous centros de ensino primario e un centro de ensino secundario.
En Teixeiro construíuse o centro penitenciario de Teixeiro. ![]()
Curtis depende administrativamente de Betanzos e en materia sanitaria da Coruña. Hai un centro de saúde de atención primaria en Curtis. No concello existe un cuartel da Garda Civil que tamén atende ás zonas de máis preto. O servizo de recollida de lixo está asociado a Sogama e existen servizos de recollida selectiva de lixo para reciclaxe. O servizo de auga potable ten dúas captacións, unha en Teixeiro, preto da penitenciaría, que se abastece do río Mandeo, e outra en Curtis. A un cento de metros río abaixo está a EDAR.
Infraestruturas de transporteCurtis é un importante nó de comunicacións viarias. Preto de Teixeiro pasa a autovía A-6 e a nacional N-VI. A N-634 cruza todo o concello de leste a oeste facendo de comunicación con Santiago de Compostela e coa meseta. Dende esta estrada parte a AC-840 que vai á Coruña, Lalín e Ourense. Curtis está a uns 60 km de Lugo capital. A liña de Adif atravesa de oeste a nordeste o concello, e comunica con Monforte de Lemos e coa Coruña, Betanzos e Ferrol. Un ramal desta liña comunica co terminal de carga do polígono Curtis-Teixeiro. Hai dúas estacións: a de Curtis e a de Teixeiro. DeporteA Sociedade Deportiva de Teixeiro e o CCD Curtis son os principais equipos de fútbol do concello con campos de xogo en Teixeiro e Curtis respectivamente. Nos anos 2014 e 2015 celebrouse o Rally Concello de Curtis. O ano seguinte pasou a se chamar Rally Terras do Mandeo e dende 2017 leva o nome Rally Terra da Auga, organizándose nas comarcas de Betanzos e Arzúa. Política e gobernoJavier Francisco Caínzos Vázquez (PPdeG) é o alcalde dende xullo de 2001 grazas a un pacto de goberno co PSdeG-PSOE. Volveu ser alcalde nas seguintes eleccións ó gañar por maioría absoluta e que volveu ter en 2015.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigosLigazóns externas
Information related to Curtis |
Portal di Ensiklopedia Dunia