BergondoPara outras páxinas con títulos homónimos véxase: Bergondo.
Bergondo é un concello da provincia da Coruña, pertence á comarca da Coruña. Limita cos concellos de Sada, Paderne, Abegondo, Cambre e Betanzos. Segundo o IGE en 2014 tiña 6702 habitantes (6696 no 2009, 6540 no 2007, 6539 no 2006, 6495 no 2005, 6413 no 2004). O xentilicio é bergondés.[1] XeografíaDemografíaEvolución da poboación de Bergondo dende 1900: ![]() Fonte: Instituto Nacional de Estadística, INE 1857-2011
CulturaToponimiaA orixe e o significado do nome de Bergondo son controvertidos. Aínda que algúns autores cren que pode derivar dun nome persoal de orixe xermánica, outros inclúeno entre os topónimos prerromanos compostos cun segundo elemento -gondo (coma Abegondo, Beigondo, Mabegondo...).[2] Fai referencia ao rei Brigo ou a unha elevación montañosa: berg. O topónimo de Lubre, un dos lugares do concello, puidera ser o bosque sagrado dos celtas[3]. O primeiro documento no que se cita o topónimo Bergondo está datado en 1138 como 'Burgundium'. O abade Recendus de Burgundio confirma a doazón feita polo Conde de Traba á súa filla Urraca. Urraca no seu testamento de 1193 deixa o mosteiro chamado Bergondo. PatrimonioPatrimonio arqueolóxicoExisten numerosos castros no concello:
Patrimonio arquitectónicoA Igrexa de San Salvador de Bergondo de estilo románico, que foi construída na segunda metade do século XII, pertencía ao mosteiro bieito de San Salvador de Bergondo. Sobre a súa proporcionada planta basilical desenvólvense tres naves e tres ábsidas semicirculares. Despois dun incendio que provocou o afundimento da cuberta, fixéronse as reformas na segunda metade do século XIV. Na fachada principal destacan os dous robustos contrafortes e as arquivoltas, apoiadas en dous pares de columnas, que enmarcan un tímpano decorado con arcos de medio punto. Patrimonio cultural
Patrimonio natural
EconomíaO concello ten unha importante base económica como periferia da cidade da Coruña por estar preto de Betanzos e o camiño de Santiago, e por ser lugar de paso da estrada N-VI e da autovía A-6. As súas boas comunicacións fan do polígono de Bergondo o núcleo económico do concello. Dende o século XVII coa ligazón coa cidade de Betanzos por concesión de cidadanía é un concello con sona de bos xoieiros. En Bergondo están algunhas das máis importantes fábricas de xoias de Galicia como Balcarsa, Unión Joyera ou Annique. Bergondo é coñecido como a xoia das Mariñas. PolíticaEleccións municipais de 2019
Galería de imaxes
ParroquiasLugares de BergondoPara unha lista completa de todos os lugares do concello de Bergondo vexa: Lugares de Bergondo. Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigosInformation related to Bergondo |
Portal di Ensiklopedia Dunia