Eduardo Lence-Santar
Eduardo Lence-Santar Guitián, nado en Mondoñedo o 16 de xullo de 1879 e finado na mesma vila o 14 de xaneiro de 1960, foi un escritor e xornalista galego. Traxectoria![]() Pasou os seus primeiros anos en Portomarín e Sarria, e volveu a Mondoñedo en 1901. Arquiveiro municipal do concello de Mondoñedo, foi nomeado cronista da cidade en 1917, sendo o primeiro en exercer este cargo.[1] Foi un dos fundadores da Irmandade da Fala mindoniense en 1917 e un dos asinantes do manifesto da I Asemblea Nacionalista convocada polas Irmandades da Fala. Dirixiu Mondoñedo e colaborou en periódicos de Galicia e da Habana e Bos Aires como La Voz de Mondoñedo, Vallibria, El Eco de Vivero, El Compostelano, El Eco de Santiago, El Ideal Gallego, El Regional e El Eco de Galicia. Foi correspondente da Real Academia Galega e recibiu en 1949 a encomenda da Orde de Afonso X o Sabio[2]. Obras
Notas
Véxase taménLigazóns externas
Information related to Eduardo Lence-Santar |
Portal di Ensiklopedia Dunia