Eduardo Palaio
Eduardo Palaio, nado en Sintra (Portugal) o 10 de xaneiro de 1942, é un muralista, cartoonista, pintor e escritor portugués.[1] TraxectoriaNado en Sintra sentiuse do concello de Siexas por opción e adopcion. Pasou a infancia en Figueira da Foz. Fixo catro anos de servizo militar obrigatorio sendo comandante de combate en Angola. Exerceu diversas profesións e moita actividade política e asociativa. Foi convidado pola ONU para traballar na OIT en Xenebra.[2] Eduardo Palaio iniciou a súa actividade artística polo deseño de humor, publicando traballos no «Mundo Ri», baixo a dirección de José Vilhena, e en 1966 expuxo, por primeira vez, traballos de deseño e pintura.[3] Palaio ten traballos tamén como como muralista e cartoonista. Nos anos 1970 e 1980, publicou regularmente cartoons nun semanario e, entre 1982 e 2000, presentou nove exposicións individuais de pintura e participou en varias colectivas. É autor de nove murais no concello do Seixal.[4] Participou nos Salões Nacionais de Caricatura e Desenho de Humor e como convidado en 3 exposicións internacionais en Cuba (1986/93/98) e en México (1994 e 1998).[5] Transformou a tipografía familiar nun espazo museolóxico, en parcería coa Câmara Municipal do Seixal.[6] Caixa Baixa, mereceu, segundo o xurado, o Prémio Manuel da Fonseca pola súa consistencia ficcional, orixinalidade dos temas e a súa erudición, ben como pola elevada calidade literaria da narrativa. Alén diso, o autor revela un dominio da xeografía europea, que usa como territorio ficcional para as súas historias e ten unha capacidade de efabulación fóra do común.[7][8] Os Dez de Tânger céntrase nos camiños tortuosos dunha expedición feita por soldados descoñecidos, nos segredos do pobo miúdo arrebañado para a guerra. Trátase dunha historia épica de dez homes con vidas reais que partiran á aventura de novos horizontes nunha expedición ao Norte de África.[9] Obras
Premios
Notas
Information related to Eduardo Palaio |
Portal di Ensiklopedia Dunia