A Ponte, A VeigaPara outras páxinas con títulos homónimos véxase: A Ponte.
Santa María Madalena da Ponte é unha parroquia do concello da Veiga, na provincia de Ourense. Eclesiasticamente pertence á diocese de Astorga. Segundo o IGE,[2] en 2023 tiña 27 habitantes (17 homes e 10 mulleres). Ten unha soa entidade de poboación. CaracterísticasO lugar ten unha estrutura concentrada de estreitas rúas e construcións de pedra con teitos de lousa. Os edificios encostados están imbricados de vivendas, leñeiros e palleiras, nunha continuidade simple e práctica ao mesmo tempo. Das fachadas das casas moitas veces sobresaen os fornos onde os seus veciños antigamente facían o seu propio pan. A poboación divídese a ámbalas dúas beiras do río Xares. A igrexa está no lado dereito do val e a antiga Casa-Escola está xunto ao río na marxe esquerda. A Ponte viviu no século XX da gandeira, da agricultura de autoconsumo no val do río Xares, e na primeira metade do século das explotacións mineiras do volframio. A pedra na PonteEncóntranse diversas esculturas á vista ao longo do lugar, aínda que a construción máis rechamante é a Casa dos Baqueiros/Vaqueiros[3] que mostra nas paredes exteriores figuras gravadas e outras en relevo nas pedras sen unha organización clara e de difícil datación. Parecen pezas aproveitadas doutras construcións de natureza incerta, posibelmente algunha edificación ritual ou relixiosa. Entre as figuras, pódense observar figuras de seres humanos a cabalo, animais como un cervo e mesmo símbolos do Sol, a Lúa e unha vieira. Tamén se aprecian grafías e trazos diversos.[4][5] Contorno
No contorno de Ponte, pódese practicar o sendeirismo, a astronomía, a pesca, principalmente no río Xares, e a caza. Desde Ponte, saen dous camiños sinalizados: o PR-G 199 Ruta Pena Trevinca polo Sestil Alto (18 km, ida e volta; se se vai até o pico de Pena Trevinca, esténdese até os 21,6 km; dificultade alta; duración de 7 horas)[6] e o PR-G 200 Ruta das lagoas glaciares da Serpe e de Ocelo (14 km, ida e volta; dificultade media-alta; duración de 5 horas)[7]. Desde 2015, Trevinca é un Destino Turístico Starlight[8], polo tanto un lugar recomendado para a observación nocturna do ceo. Galería de imaxes
Lugares e parroquiasLugares da Ponte
Parroquias da Veiga
Notas
Véxase taménOutros artigosInformation related to A Ponte, A Veiga |
Portal di Ensiklopedia Dunia