ADN A![]() O ADN A (ou A-DNA) é unha das posibles estruturas en dobre hélice que pode adoptar o ADN. O ADN A crese que é unha das tres estruturas en dobre hélice biolóxicamente activas do ADN, xunto coa do ADN B (a máis común) e o ADN Z. É unha dobre hélice dextroxira bastante similar á máis común e mellor coñecida da forma ADN B, pero cunha estrutura helicoidal máis compacta e cos pars de bases non perpendiculares ao eixe da hélice (como están no ADN B). Parece probable que só apareza en mostras deshidratadas de ADN, como as utilizadas nos experimentos de cristalografía, e posiblemente aparece tamén nas dobres hélices híbridas ADN-ARN. A mesma conformación helicoidal é a que se observa máis comunmente nos ARN bicatenarios. EstruturaUn ADN A é bastante similar ao ADN B dado que é tamén unha hélice dextroxira con sucos maiores e menores. Porén, como se mostra na táboa comparativa de abaixo, hai un lixeiro incremento no número de pares de bases por rotación (e como resultado un ángulo de rotación máis cerrado), e unha maior elevación (rise) por xiro. Isto orixina que se forme un suco maior máis profundo e un suco menor menos profundo. Xeometrías comparadas das formas máis comúns do ADN![]() ![]()
Notas
Véxase taménOutros artigosLigazóns externas =Information related to ADN A |
Portal di Ensiklopedia Dunia