Liña León - A CoruñaA liña León-A Coruña, tamén coñecida historicamente como a liña Palencia-A Coruña,[1][2] é unha liña de ferrocarril de 428,2 quilómetros de lonxitude que pertence á rede ferroviaria española. Une a Meseta con Galicia polo leste percorrendo as provincias de León, Ourense, Lugo e A Coruña. Seguindo a catalogación de Adif é a liña 06-800.[3] CaracterísticasSegundo a Declaración da Rede de Adif na súa actualización de 2013,[4] a liña está electrificada a 3 kV de corrente continua mediante fío aéreo entre León e Monforte de Lemos, así como a 25 kV de corrente alterna na estación da Coruña, e é de vía única. No referente á sinalización, toda a liña está dotada de Control de Tráfico Centralizado (CTC), con Bloqueo Automático de Vía Única (BAU) entre León e Monforte de Lemos e Bloqueo de Liberación Automática en vía única (BLAU) entre Monforte de Lemos e A Coruña. Servizos ferroviariosViaxeirosA liña é usada tanto por trens de Longa como de Media distancia operados por Renfe Operadora. Os servizos están distribuídos en dous tramos ben diferenciados. O tramo de León a Monforte de Lemos é utilizado polos seguintes trens:
O tramo entre Monforte de Lemos e A Coruña úsano:
Notas
Véxase taménBibliografía
Information related to Liña León - A Coruña |
Portal di Ensiklopedia Dunia