A CañizaPara outras páxinas con títulos homónimos véxase: A Cañiza.
A Cañiza é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca da Paradanta. Segundo o IGE no 2020 tiña 5122 habitantes (6719 en 2003). O xentilicio é (véxase no Galizionario) canizán[1] ou canicense.[1] ToponimiaA Cañiza é un dos poucos topónimos castelanizados[2] de Galicia aínda vixente e que así consta no Nomenclátor de Galicia. Desta forma deriva o xentilicio (véxase no Galizionario) cañicense. A Comisión de Toponimia da Xunta de Galicia estableceu que o nome correcto e orixinal era A Caniza[1], forma aínda viva entre algúns habitantes das parroquias do concello[3]. Non obstante, aínda non se executou a aprobación por parte do Consello da Xunta da dita modificación.[4] O topónimo orixinal fai referencia ás primeiras construcións na zona: casetas[3] ou canastros feitas de canas entrelazadas e colmados (coñecidos na zona coma canizos ou canizas[5]) e ergueitas polos veciños de Valeixe.[6] Poboación
![]()
XeografíaLimita ao norte cos concellos de Covelo e Melón (leste da provincia de Ourense), ao sur con Crecente, Arbo e As Neves, e ao oeste con Salvaterra de Miño, Mondariz e Covelo. O seu relevo é accidentado, pois está situado entre unha zona de monte baixo da serra do Faro de Avión (situada ao nordeste) e o val do río Deva (ao sur). A maior altitude acádase no Alto da Cruz (1095 m). A súa rede hidrográfica está formada polos ríos Uma (afluente do Tea), Ribadil e Deva (afluentes do Miño). Climatoloxicamente está situada en transición entre o clima oceánico e o mediterráneo, segundo a zona. HistoriaNa zona habitou a tribo dos oestrimnios, que foron expulsados polos celtas. Da cultura megalítica quedan diversos restos, como os complexos rupestres de Laxiña das Cruces, Coto da Regueira do Valiño e Casiñas dos Mouros, os complexos megalíticos con gravados de Tomada de Estremadoiro e Coto da Vella, e os complexos megalíticos de Guntín, Aráns, Casiñas dos Mouros e A Cañiza. Durante a Idade de Ferro o lugar estivo posiblemente habitado polos grovios. Daquela época quedan o castro de Grades, o castro de Monte Coto do Castro, o castro de Coto das Cavadas e o castro de Barreiros. Logo da romanización as terras do concello foron enmarcadas no conventus Bracarensis. Na Idade Antiga, tralo I Concilio de Braga, as terras quedaron adscritas á diocese de Tui. O mosteiro da Franqueira posiblemente teña a súa orixe nunha ermida do século VI, da época de Martiño de Dumio. No século IX, durante o reinado de Afonso II de Asturias, as terras do castelo de Sobroso, ao que pertencía o val de Achas, foron incluídas no reino de Galicia. En 1056 Fernando I dá un privilexio do mosteiro da Franqueira, as súas terras e moradores ao abade Alvito e os monxes beneditinos. En 1147 Afonso VII outorga ao abade Odoario e aos monxes o dereito de coto. En 1293 a orde do Císter constrúe a igrexa de Santa María. Paio de Soutomaior, señor de Salvaterra, doou as terras dos cotos da Franqueira, O Cebreiro, Uma, Sendín e Pintelos, doazón que confirmaron Xoán I e Henrique III. O mosteiro desapareceu como tal en 1835, trala desamortización de Mendizábal. A vila da Cañiza aparece documentada por primeira vez en 1583. As primeiras edificacións foron canastros (que nesta zona reciben o nome de canizos) feitas polos veciños de Valeixe para atender os cultivos da zona. Logo de construírse a capela do Doce Nome de Xesús, en 1790 o bispo de Tui, Domingo Fernández Angulo, erixiu A Cañiza como parroquia adxunta á de Valeixe, separándose definitivamente en 1815. ![]() No ministerio de Defensa consérvase un bosquexo da vila en 1838 por Fernando de Castro Na Cañiza editáronse os periódicos Nueva Cañiza (1927-1933) e La Cañiza (1932-1934). SímbolosO escudo heráldico oficial do concello da Cañiza foi aprobado mediante decreto en 2007, e ten o seguinte brasonamento:
Ademais, na mesma data aprobouse tamén a bandeira do concello, pano de verde cunha franxa vertical de branco no terzo do centro e, nesta, un carballo de verde follado e froitado de nove landras de vermello.[8] A Cañiza na literatura popular
Galería de imaxes
ParroquiasLugares da CañizaPara unha lista completa de todos os lugares do concello da Cañiza vexa: Lugares da Cañiza. Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigosInformation related to A Cañiza |
Portal di Ensiklopedia Dunia