A GudiñaPara outras páxinas con títulos homónimos véxase: A Gudiña.
A Gudiña (do antropónimo xermánico Gotina)[1] é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Viana. Segundo o IGE en 2018 tiña 1 308 habitantes (1 625 en 2004, 1 651 en 2003). O xentilicio é «gudiñao/á».[2] XeografíaO concello, de 171,4 km², abrangue 8 parroquias. Limita ao norte con Viana do Bolo, ao sur con Portugal, ao leste coa Mezquita, ao noroeste con Vilariño de Conso, ao oeste con Castrelo do Val e ao suroeste con Riós. Está comunicada coa estrada N-525, que vai de Ourense cara a Benavente, se ben o tráfico pesado adoita ir pola autovía A-52. A estrada OU-533 une a vila da Gudiña coa da Rúa, pasando por Viana do Bolo. Forma parte da antiga C-533 que ía desde A Gudiña até Lalín. Pola Gudiña pasa, pola rúa Maior, a Vía da Prata do Camiño de Santiago. Ao carón da igrexa de San Martiño, a vía divídese na variante sur, por Verín, e na variante norte, por Laza, denominada Camiño Antigo ou Verea dos Galegos.[3] HistoriaNo concello consérvanse restos megalíticos, con varias mámoas, como as mámoas da Cabeza do Cichón, preto de onde se atopou en 1992 o menhir do Tameirón,[4] ou a mámoa do Val da Lagoa;[5] así como os restos de varios poboados castrexos. Durante a romanización de Galicia houbo unha explotación mineira de estaño. O 15 de maio de 1167, Fernando II doou ao mosteiro de Montederramo mediante un privilexio a herdade da Coelleira. ![]() O 15 de xuño de 1506 pasaron a noite na vila o rei Filipe I de Castela e a súa muller Xoana, que desembarcaran na Coruña e se dirixían preto da Pobra de Seabra para se reuniren o día 20 con Fernando II de Aragón. Dado que os habitantes acudiran a recibilos cando comeron no mesón da Canda, o rei concedeulles en Cédula Real o uso dun escudo coa coroa real, consistente nun brasón dividido en dúas metades cun triángulo no ángulo inferior. A igrexa de San Martiño, construída entre os séculos XVII e XVIII, presenta dous escudos, moi erosionados, do Conde de Monterrei.[6] O edificio do cárcere tiña o escudo da casa de Monterrei. En 1911 o militar monárquico Henrique Mitchell de Paiva Couceiro lanza desde aquí a primeira incursión monárquica[7] contra a recentemente nacida república de Portugal atacando Chaves, pero ao ser derrotado regresa, ao ano seguinte e no 1919 segue lanzando incursións armadas contra Portugal ao ter neste lado da raia seca a complicidade discreta do goberno español. Demografía
![]()
CulturaToponimiaTopónimo derivado do antropónimo xermánico Gotina.[8] IrmandamentosO concello da Gudiña está irmandado co de Puebla de Zaragoza (México), anteriormente chamado Puebla de los Ángeles[9], onde faleceu o misioneiro gudiñao Sebastián de Aparicio. A Gudiña na literatura popular
Galería de imaxes
Parroquias
Lugares da GudiñaPara unha lista completa de todos os lugares do concello da Gudiña vexa: Lugares da Gudiña. Notas
Véxase tamén
Outros artigosLigazóns externas
Information related to A Gudiña |
Portal di Ensiklopedia Dunia