Le comte Ory
Le comte Ory (en galego, O conde Ory) é unha ópera buffa en dous actos con música de Gioachino Rossini e libreto en francés de Eugène Scribe e Charles-Gaspard Delestre-Poirson, segundo o seu vodevil Le Comte Ory do ano 1817, inspirado á súa vez nunha balada medieval. Foi estreada no Théâtre de l'Académie Royale de Musique de París o 20 de agosto de 1828.[2] Parte da música procede da súa ópera Il viaggio a Reims escrita tres anos antes para a coroación de Carlos X.[3] A obra é ostensiblemente unha ópera cómica no sentido de que a historia é humorística, mesmo pura farsa. Non obstante, pensouse máis na Opéra que no Teatro da Opéra-Comique e hai inconsistencias estruturais co xénero contemporáneo da opéra comique: mentres que esta última está formada por números líricos relativamente curtos e diálogo falado, Le comte Ory está formado por "altamente desenvolvidas, mesmo macizas formas musicais unidas por recitativo acompañado".[4] Aínda que a ópera contén parte da escritura orquestral máis colorida de Rossini, a pintoresca e breve abertura é estrañamente contida e sen pretensións, acabando cun murmurio de cordas en pizzicato. Personaxes
Notas
Véxase tamén
Information related to Le comte Ory |
Portal di Ensiklopedia Dunia