Célula LE![]() Unha célula LE ou célula de lupus eritematoso, tamén chamada célula de Hargraves, é un neutrófilo ou un macrófago que fagocitou o material nuclear desnaturalizado dutra célula.[1] O material desnaturalizado é un corpo de hematoxilina absorbido (tamén chamado corpo LE).[2] A presenza destas células é unha característica do lupus eritematoso,[3] pero tamén se encontran en trastornos do tecido conectivo similares ou en doenzas autoinmunes como a artrite reumatoide grave. As células LE poden observarse no lupus inducido por fármacos, por exemplo, despois do tratamento con metildopa.[4] As células LE descubriunas na medula ósea en 1948 Malcolm McCallum Hargraves (1903–1982), un médico e histólogo da Clínica Mayo.[5] Hargraves puido conseguir a prioridade ao suprimir o borrador dunha publicación de John R. Haserick, ao cal Dorothy Sundberg, xefe de hematoloxía da Universidade dos Hospitais de Minnesota, atribúe a primeira identificación das células LE.[6] Clasicamente, a célula LE analízase microscopicamente, pero tamén é posible investigar a súa formación por citometría de fluxo.[7] As células LE non deberían confundirse coas células Tart que teñen material nuclear fagocitado, pero cunha aparencia visible de cromatina en vez de con aparencia homoxénea.[8] Notas
Information related to Célula LE |
Portal di Ensiklopedia Dunia