O demo no corpo
O demo no corpo[1] (en francés: Le Diable au corps) é unha novela escrita por Raymond Radiguet publicada orixinalmente no ano 1923. Conta a historia dunha muller casada nova que ten unha aventura cun rapaz de dezaseis anos mentres o seu marido está lonxe loitando na fronte, o cal provoca un escándalo nun país que aínda acaba de pasar pola primeira guerra mundial. Aínda que Radiguet o negou, estabeleceuse posteriormente que parte da historia era autobiográfica.[2] A crítica, que inicialmente desprezaban a intensa campaña publicitaria para o lanzamento do libro (algo que normalmente non estaba asociado a obras de mérito literario da época) foi finalmente conquistada pola calidade da escritura de Radiguet e o seu estilo sobrio e obxectivo. Foi traducida ó galego por Samuel Solleiro[3] e foi publicado pola editorial Irmás Cartoné no ano 2016.[1] Notas
Information related to O demo no corpo |
Portal di Ensiklopedia Dunia