Lei Constitutiva das Cortes
A Lei Constitutiva das Cortes ou simplemente Lei de Cortes de 17 de xullo de 1942 foi promulgada durante a primeira etapa do réxime franquista, a fin de dar unha aparencia de parlamentarismo á ditadura. Establecía a formación dunha asemblea unicameral de elección indirecta con teórica iniciativa legal, aínda que esta residía na figura de Franco desde o momento da promulgación da Lei de agosto de 1939, que lle atribuía a capacidade de ditar normas sen ningún tipo de condicionante. Xunto coas outras sete leis fundamentais do réxime conseguiuse que o proceso de institucionalización do réxime franquista chegase ao seu fin. Segundo a Lei das Cortes, estas eran o órgano de participación do pobo español nas tarefas do Estado. A súa función era elaborar e preparar as Leis, sen prexuízo da sanción que correspondía ao xefe do Estado, Francisco Franco. Eran procuradores en Cortes:
Véxase taménOutros artigosLigazóns externasInformation related to Lei Constitutiva das Cortes |
Portal di Ensiklopedia Dunia