Robert Bruce (ópera)
Robert Bruce é unha ópera pastiche en tres actos con música de Gioachino Rossini e Louis Niedermeyer, sobre un libreto en francés de Alphonse Royer e Gustave Vaëz, baseado na History of Scotland de Walter Scott. Foi estreada o 30 de decembro de 1846 no Théâtre de l'Académie Royale de Musique de París. HistoriaLogo da chegada de Rossini a París en 1843 por tratamento médico, foi visitado por Léon Pillet, o director da Opéra, quen o convidou a compoñer unha nova ópera para o teatro. Rossini declinou a oferta, mais sinalou que La donna del lago (1819) fora descoidada e podía ir ben cos franceses. Rossini volveu á súa casa de Boloña, onde foi visitado novamente por Pillet, que desta vez foi acompañado polo libretista Gustave Vaëz, e Louis Niedermeyer. O resultado (que tamén involucra ao frecuente colaborador de Vaëz Alphonse Royer como colibretista) foi Robert Bruce, un elaborado pasticcio baseado en La donna del lago pero que inclúe música doutras óperas. Niedermeyer aparéntemente escribiu os recitativos necesarios.[1] Rossini estivo cláramente involucrado na colaboración mais non asistiu á estrea, que tivo lugar na capital francesa o 30 de decembro de 1846. A ópera obtivo un éxito moderado mais foi o suxeito de moitas críticas por parte de Hector Berlioz, entre outros.[2] Personaxes
AnáliseA música empregada na ópera non era orixinal, senón que procedía doutras óperas, sendo adaptada a xeito de pastiche. A música foi adaptada por Niedermeyer co permiso de Rossini sobre as súas óperas La donna del lago, Zelmira, Bianca e Falliero, Torvaldo e Dorliska e Armida. Gravacións
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externasInformation related to Robert Bruce (ópera) |
Portal di Ensiklopedia Dunia