Sonita Alizadeh
Sonita Alizadeh (en dari: سونیتا علیزاده), nada en Herat o 11 de novembro de 1996,[1] é unha rapeira e activista afgá que se pronunciou contra os matrimonios forzados. Alizadeh chamou a atención por primeira vez cando lanzou "Brides for Sale", un vídeo en que rapeaba sobre as fillas que as súas familias venden para casar. Coa axuda de Rokhsareh Ghaem Maghami, unha documentalista iraniana que durante tres anos documentou a súa historia no filme Sonita, Alizadeh filmou o vídeo para escapar dun matrimonio que planeaban os seus pais para ela, a pesar de que era ilegal que as mulleres cantasen en solitario en Irán, onde vivía naquel momento.[2] Despois de publicar o vídeo en YouTube, Strongheart Group contactou con Alizadeh e ofreceulle un visado de estudante e axuda económica para que fose estudar aos Estados Unidos, onde se mudou e reside desde entón.[3] En 2015, foi incluída na listaxe das 100 mulleres da BBC.[4] TraxectoriaAlizadeh creceu en Herat, baixo o dominio dos talibáns. A súa familia considerou vendela como noiva cando tiña 10 anos; Alizadeh dixo que nese momento non entendía ben que significaba iso.[5] En lugar diso, a súa familia fuxiu a Irán para escapar do réxime talibán. Nese país, Alizadeh traballou limpando baños, mentres aprendía ela soa a ler e escribir. Durante este tempo, descubriu a música do rapeiro iraniano Yas e do estadounidense Eminem. Inspirada pola súa música, comezou a escribir as súas propias cancións. En 2014, participou nun concurso estadounidense para escribir unha canción para que os afgáns votasen nas eleccións. Gañou un premio de 1000 dólares, que Alizadeh enviou á súa nai, que se mudara a Afganistán.[3] Pouco despois de gañar o concurso, a nai de Alizadeh mandou chamala para que regresase a Afganistán, dicindo que atopara un home que a ía mercar. Ela tiña 16 anos.[5] A súa nai estaba tentando gañar un dote de 9000 dólares para que o seu irmán máis vello puidese tamén mercar unha noiva, e pensou que podería conseguir polo menos 9000 dólares vendendo a súa filla. Despois de que a directora Rokhsareh Ghaem Maghami pagase 2000 dólares á nai de Alizadeh e pedise seis meses de tempo para a nena, esta escribiu "Brides for Sale" e Maghami filmou o vídeo musical. O vídeo non só foi popular entre as mulleres de Afganistán, senón que tamén chamou a atención da organización sen ánimo de lucro Strongheart Group, que organizou levar a Alizadeh aos Estados Unidos.[3] Sonita, como é coñecida no seu ambiente escolar, chegou aos Estados Unidos e recibiu o diploma de ensino medio da Wasatch Academy, un internado internacional preparatorio para a universidade. Posteriormente foi vivir a Nova York e asistiu ao Bard College. Ademais de asistir ás clases, continuou a escribir cancións. En novembro de 2015 estreouse no International Documentary Filmfestival Amsterdam un filme titulado Sonita.[5] En 2022, recibiu unha bolsa de estudos Rhodes.[6] A película recibiu críticas positivas,[7] participou no Festival de Cinema de Sundance e gañou o Gran Premio do Xurado do Cine Mundial na categoría de documental.[8] Tamén se presentou no Festival Internacional de Cinema de Seattle en 2016, e o semanario alternativo The Stranger designouno como unha filme "para non perder".[9] Notas
Information related to Sonita Alizadeh |
Portal di Ensiklopedia Dunia