Sonia Castedo
Sonia Castedo Ramos, nada en Ribadeo en 1970, é unha política galega, foi alcadesa de Alacant polo Partido Popular do 2008 até o 2014. BiografíaDesde meniña reside en Alacant, onde cursou todos os seus estudos. É licenciada en Socioloxía pola Universidade de Alacant. En 1991 foi Beleza da Fogueira do barrio alacantino Princesa Mercedes. A súa traxectoria laboral centrouse na Administración Pública Local da cidade desde 1995 cando entrou a formar parte do gabinete de prensa do Concello de Alacant como soporte técnico do mesmo. Desde entón estivo no consistorio ocupando distintos cargos políticos. Traxectoria política
Polémicas e investigacións da fiscalíaFoi denunciada polo grupo socialista do Concello de Alacant ante a Fiscalía Anticorrupción por tráfico de influencias, prevaricación, estafa e fraude debido unha actuación urbanística no barrio de Benalúa.[2][3][4][5] En abril de 2009, algunhas das denuncias foron arquivadas de maneira definitiva polo fiscal anticorrupción, Felipe Briones;[6] outras foron arquivadas de forma provisional, en espera da decisión sobre todo o caso que tomará o Tribunal Superior de Xustiza da Comunidade Valenciana.[7] En outubro de 2010 a Fiscalía Anticorrupción acusou a Sonia Castedo de estar implicada na trama de corrupción do Caso Brugal na tramitación do novo Plan Xeral de Ordenación Urbana (PXOU) de Alacant, xunto co seu antecesor, o popular Luis Díaz Alperi, e que lideraría o presidente do Hércules C.F. e construtor Enrique Ortiz Selfa. O fiscal imputoulle delitos de suborno, tráfico de influencias e revelación de información privilexiada, sinalando que foi retribuída con agasallos. Sonia Castedo sinalou que "Ortiz non conseguiu nada do que pediu", admitindo un dos regalos: unha viaxe en iate ás Illas Baleares.[8] Segundo o revelado pola investigación policial, na recta final da redacción do PXOU de Alacant, entre maio de 2008 e xuño de 2010, as conversacións entre Enrique Ortiz e Sonia Castedo foron case diarias, o que para a policía demostra "a colaboración dos responsables de Urbanismo co empresario".[9] O 22 de maio de 2011, Sonia Castedo logrou o mellor resultado na historia de Alacant para o Partido Popular, pasando de 15 a 18 concelleiros (sumou 15.000 votos máis). Este resultado mostra que a pesar de que o caso Brugal puido ter afectado a súa imaxe, non lle pasou ningunha factura nas urnas.[9] Con todo, en outubro de 2012 foi imputada polo TSX de Valencia polo amaño do Plan de Ordenación Urbana da cidade de Alacant.[10] En decembro de 2014 presentou a súa dimisión en relación cunha imputación, e foi substituída por Miguel Valor Peidró, até entón tenente de alcalde e concelleiro de Cultura.[11] Resolucións xudiciaisTras perder o aforamento tanto Castedo como Díaz Alperi,[12] o caso rematou chegando aos xulgados de Alacant que decretaron o arquivo provisional da causa, o 12 de maio de 2016, ao entender o maxistrado que a identificación precisa dos delitos por parte da acusación "non se fixera, porque a transcrición dalgunhas conversacións non é suficiente, nin sequera coa interpretación que a policía poida facer desas conversacións, que deben servir para iniciar ou dirixir unha investigación, pero non para continuar e sustentar unha acusación”.[13] En decembro de 2016, a sección terceira da Audiencia Provincial de Alacant decretou o arquivo definitivo do caso ao concluír que non existían no sumario "datos concretos que describisen unha actuación prevaricadora, carente dun mínimo apoio legal, e que fose imputable a calquera funcionario público”. Tampouco apreciou a comisión dos delitos de suborno nin de tráfico de influencias. O tribunal desestimou os recursos de apelación que plantearon a Fiscalía Anticorrupción, PSPV e mais EU contra o auto de sobresemento provisional.[14] En xaneiro de 2017, o xuíz Manrique Tejada volveu levar a xuízo a Sonia Castedo por amañar o PXOU de Alacant en favor do empresario Ortiz.[15] En xaneiro de 2018, Castedo negou as declaracións de Ricardo Costa no xuízo de Gürtel no que parecía vincular á exalcaldesa co suposto financiamento do seu partido na Comunidade Valenciana.[16] Finalmente, en xullo de 2021, Sonia Castedo e o resto dos acusados do caso Brugal foron absoltos pola Audiencia Provincial de Alacant. A exalcaldesa tivo duras palabras contra o seu antigo partido (do que foi suspendida da militancia) polo pouco apoio prestado, dende o seu punto de vista. Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Information related to Sonia Castedo |
Portal di Ensiklopedia Dunia