SoberPara outras páxinas con títulos homónimos véxase: Sober (homónimos).
Sober é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca de Terra de Lemos e parte da Ribeira Sacra. Segundo o Padrón municipal de habitantes a súa poboación en 2018 era de 2.301 persoas. O xentilicio é soberés.[1] ToponimiaO topónimo Sober é un antropotopónimo derivado do nome Superus ou Superius, a través da forma en xenitivo (villa) Superii. Aparece documentado como Superi en documentación de 1075 e 1099 do mosteiro de Santa María de Ferreira de Pantón.[2] XeografíaO concello de Sober ten unha superficie de 134 km² e atópase na Terra de Lemos, no sur da provincia de Lugo, entre os cursos dos ríos Cabe e Sil, que fan de fronteira física polo oeste e sur, respectivamente. Limita cos concellos de Monforte de Lemos ao norte e leste, Pantón ao oeste e Nogueira de Ramuín, Parada de Sil, A Teixeira e Castro Caldelas ao sur. A capital municipal dista 77 km da capital de provincia, Lugo, e atópase a uns 600 m de altitude. Demografía
![]() EconomíaO sector primario está centrado na gandería bovina criada para consumo, a cría porcina e en menor medida, ovina. A agricultura representa o 37% da superficie, orientada ao cultivo de cereais, patacas e primordialmente, a vide. O 58% da superficie é de masa forestal, piñeiros e carballos e mata. A industria ocupa ao 15% da poboación, concentrándose en entidades de pequeno tamaño ou familiar orientadas principalmente á elaboración de viño. Destaca a produción de material de construción en Canabal e a olería artesá de Gundivós. Outros centros están dedicados á manufactura téxtil (calcetíns) e á fabricación de ferramentas e equipos de labor (cerraxería e máquinas de sulfatado). O sector servizos aglutínase en torno aos servizos municipais e administrativos e aos establecementos comerciais. Cada quince días ten lugar a feira, coa mesma frecuencia có mercado de produtos. Viño de AmandiSober atópase na rexión vinícola da Denominación de Orixe Ribeira Sacra, albergando a produción da subzona de viños de Amandi e a da ribeira do río Cabe. Existen arredor de 300 produtores e 29 adegas inscritas no consello regulador. Un centro de embotellado industrial permite a comercialización da marca de viño de Rectoral Amandi. Cada domingo de Ramos, celébrase en Sober a Feira do viño de Amandi. Historia![]() Consérvanse mámoas do megalítico en distintos lugares, así como restos da cultura castrexa. Durante o período do Imperio Romano a Vía Nova, que enlazaba Astorga con Braga, atravesaba a zona. Da constitución do reino dos suevos permanecen os topónimos de varias parroquias. No 785 o bispo Odoario de Lugo fundou a vila de Amandi. Patrimonio histórico e artístico
Lugares de SoberPara unha lista completa de todos os lugares do concello de Sober vexa: Lugares de Sober. A localidade da Barca (Anllo) antigamente[cando?] pertencía á parroquia de Frontón.[Cómpre referencia] Política
DeporteNo concello hai dous equipos de fútbol, o CD Sober, que xoga os seus partidos en Centeás, e o CD Río Sil, que xoga no campo da Carqueixa. Os dous xogaban na tempada 2018/19 na Terceira Autonómica de Galicia. Galería de imaxes
ParroquiasNotas
Véxase taménOutros artigos
Information related to Sober |
Portal di Ensiklopedia Dunia