O CorgoPara outras páxinas con títulos homónimos véxase: O Corgo.
O Corgo é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca de Lugo. Segundo o IGE en 2014 tiña 3.695 habitantes (4.192 no 2006, 4.236 no 2005, 4.264 no 2004, 4.183 no 2003). O xentilicio é corgués.[1] XeografíaSituaciónO concello do Corgo, de 157,3 km², está situado ao leste de Galicia, na comarca de Lugo. Administrativamente forma parte da provincia de Lugo. Limita ao norte cos concellos de Lugo e Castroverde, ao sur con Láncara e O Páramo, ao leste con Castroverde, Baralla e Láncara, e ao oeste con Guntín e Lugo. A capital do concello está a unha altitude de 441 metros, se ben o concello carece dun núcleo urbano. Orografía e hidrografíaO curso principal é o río Miño, e outros secundarios son o Chamoso, Tordea, Neira, Maceda, Mazandan, Romeán, Amoa e Outeiro. Os cumios máis destacados son Pena de Cruz (783 m), Pena Aguda (722 m), Castro de Croa (651 m), Canteira de Vidueiro (624 m), Pena de Ladrón (502 m), Agra do Outeiro (451 m) e Penas de Canón (431 m), amais das serras de Coedo e de Ferveda. O espazo natural Miño-Neira forma parte da Rede Mundial de Reservas da Biosfera ao estar incluído no espazo Terras do Miño. Demografía
![]()
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Information related to O Corgo |
Portal di Ensiklopedia Dunia