Los Planetas
Los Planetas é un grupo granadino de música pop fundado en 1993. Recollen a influencia de grupos estadounidenses de guitarras como os Mercury Rev da primeira época, ou os británicos Spacemen 3 e Joy Division, así como da música tradicional andaluza (flamenco). No ano 2010 participaron no Festival do Norte. Formación
Indícase o nome completo de cada membro e tódalas variantes que se utilizaron nos créditos dos discos (en letra grosa o nome máis habitual). HistoriaDe "Los Subterráneos" ó EP Medusa (1990-1993)Jota (estudante de socioloxía na Universidade de Granada) e Florent Muñoz (estudante de dereito) coñecéronse a principios dos 90, descubrindo as súas afinidades musicais. Deciden forman o grupo Los Subterráneos (hai dúas versións para a orixe deste nome, por un lado homenaxe ó grupo neoiorquino The Velvet Underground, por outro referencia ó libro homónimo de Jack Kerouac) como voz e guitarra, respectivamente, uníndose May Oliver ó baixo e, máis tarde, Paco Rodríguez na batería. Los Subterráneos gravaron varias maquetas, destacando a producida en abril de 1992 que inclúe as cancións "Mi hermana pequeña", "El centro del cerebro", "La caja del diablo" e "Espiral", rexistradas cun novo batería, Carlos Salmerón. Naqueles anos Christina Rosenvinge facíase acompañar doutros Subterráneos para os seus primeiros discos en solitario, co que J e compañía deciden cambiar o seu nome ó definitivo Los Planetas, co que participarán en varios concursos (Radio 3, Rockdelux...) , e se converten en habituais en programas radiofónicos dedicados á música independente española, como Discogrande ou Diario Pop. Daquela maqueta, "Mi hermana pequeña" (mellor canción nacional do 1992 para Rockdelux) e "Pegado a ti" son incluídas no seu primeiro vinilo, o EP Medusa ep publicado polo selo independente Elefant Records en 1993 e producido polos seus paisanos Antonio Arias e Miguel A. Rodríguez (de Lagartija Nick). Neste disco, que Elefant Records reeditou en 1996 en formato CD, o batería volveu ser Paco Rodríguez. Super 8 (1994)O auxe da música indie española da época animou a varias multinacionais a fichar grupos da escena, BMG foi a gran discográfica máis activa ó respecto, e, entre outros, fichou a Los Planetas a través do seu subselo RCA. Producido por Fino Oyonarte (por entón no grupo madrileño Los Enemigos, na actualidade na banda Clovis), Super 8 (RCA, 13 de xuño de 1994) recolle algunhas das cancións gravadas nas primeiras maquetas, con cancións como "De viaje" (que será versionada por Astrud e Fangoria nun sinxelo publicado polo Club Fan Fatal en 1998), o primeiro sinxelo Brigitte, a homenaxe a Ian Curtis "Desorden", a escura (e xa coñecida) "La caja del diablo" ou, entre outras, o éxito "Qué puedo hacer". O deseño da portada e do libreto do disco correu a cargo de Javier Aramburu, que foi responsable da arte da obra do grupo ata o 2005. "Nuevas sensaciones", descarte de Super 8, foi o tema principal dun EP publicado en 1995 cunha nova canción ("La casa") e unha mestura distinta á de Super 8 de "Desorden" (o EP tamén foi editado en vinilo polo selo Subterfuge Records, engadindo unha mestura alternativa de "De viaje"). A actual edición en CD de Super 8 inclúe o EP Nuevas sensaciones. Pop (1996)Para a gravación do segundo disco o grupo acudiu ó produtor Kurt Ralske (líder da banda neoiorquina Ultra Vivid Scene). Pop segue a senda de Super 8, recollendo tres sinxelos ("Himno generacional #83", "David y Claudia" e "Punk", editados en CD por RCA e en vinilo por Subterfuge) que confirman ó grupo como un dos preferidos polos seguidores do indie estatal. Paco Rodríguez deixou o grupo definitivamente e é substituído por Raúl Santos. O que será o futuro batería de Los Planetas, Erik Jiménez, tamén participou na gravación nalgún tema deste álbum. Trala gravación do disco e a posterior xira, que a piques estivo de rematar co grupo, Los Planetas estaban na corda frouxa. A xira levounos mesmo a actuaren en Dinamarca nun festival de radios internacionais na que Los Planetas participan grazas á mediación de Radio 3. Trala accidentada xira, a que ata agora foi a baixista May abandona o grupo e corta os seus vínculos cos membros da banda. Tamén botan ó batería Raúl Santos cando encaran a gravación do seguinte álbum. Ten especial importancia nesta época para o grupo un amigo persoal de J, Jesús Izquierdo, que ademais de -con Florent mergullado no abismo das drogas- asesorar e descubrir novos estilos con J, participa nalgunha gravación, o tema experimental para un recompilatorio de bandas indies estatais ''Dr Osmond'', influído pola lectura de Aldoux Huxley e o consumo de diferentes tipos de alteradores da conciencia.[1] Na actualidade May é parella do que fora deseñador das portadas dos discos dos Planetas, Aramburu. Una semana en el motor de un autobús (1998)Gravado en Nova York, de novo coa produción de Kurt Ralske, Una semana en el motor de un autobús (RCA, 13 de abril de 1998) foi elixido pola revista "Rockdelux" como mellor disco do ano, segundo mellor disco da década dos 90 e 18º mellor disco nacional do século XX. Ó longo dunha hora o disco relata unha semana na vida do protagonista do disco, unha semana de desenganos amorosos, festas, euforia, rabia, subidas, baixadas etc. De novo se extraen tres sinxelos do disco ("Segundo premio", "Cumpleaños Total" e "La Playa"), temas que destacan xunto a outros como "Montañas de basura", "Toxicosmos" ou "La copa de Europa". Na formación do grupo causan baixa May Oliver e Raúl Santos, sendo substituídos respectivamente polo escocés Kieran Stephen (trala colaboración puntual de Fernando Novi, baixista do grupo de punk-rock P.P.M. e road manager de Los Planetas) e o granadino Eric Jiménez (ex-KGB e tamén en Lagartija Nick). Tamén colaboran no disco Jesús Izquierdo (teclados) e Banin Fraile (teclados, guitarras e efectos). Este último acabará formando parte da formación estable do grupo. Canciones para una orquesta química. Singles y Ep 1993 - 1999 (1999)Dada a cantidade de temas inéditos publicados nos sinxelos do grupo, en maio de 1999 edítase este dobre CD, que inclúe tódolos sinxelos mencionados ata o momento, ademais dos EPs Medusa, Nuevas sensaciones e o recentemente editado por entón ¡Dios existe! El rollo mesiánico de Los Planetas. Ese mesmo ano a Editorial "Rockdelux" publica La Verdadera Historia, biografía do grupo ata aquel momento escrita por Jesús Llorente, crítico musical, escritor e responsable do selo discográfico Acuarela Discos. Unidad de desplazamiento (2000)Autoproducido e gravado (coa colaboración de Carlos Hernández) no estudio que o grupo habilita por entón en Granada ("El Refugio Antiaéreo"), Unidad de desplazamiento continúa a senda de Una semana en el motor de un autobús. "Vas a verme por la tele" e "Un buen día" anticipáronse en formato sinxelo á edición do álbum, editándose posteriormente "Santos que yo te pinte" e "Maniobra de evasión". A primeira edición do álbum presentábase en séxtuplo digipack, e a segunda en formato convencional (incluíndo o videoclip de "Un buen día"). Encuentros con entidades (2002)O quinto disco en estudio, Encuentros con entidades (RCA, 26 de agosto de 2002), volveu ser coproducido con Carlos Hernández en "El Refugio Antiaéreo"; prevíase a incorporación dun técnico de son alleo ó grupo para as mesturas, pero pouco se aproveitaron os 10 días en "The Playground Studios" (Chicago) con Keith Cleversley, por problemas de loxística e pouco convencemento no resultado final. Los Planetas (con Miguel López como novo baixista) e Carlos Hernández produciron e mesturaron finalmente o disco en "El Refugio Antiaéreo", disco que recolle os sinxelos "Corrientes circulares en el tiempo", "Pesadilla en el parque de atracciones", "El espíritu de la Navidad" e "El artista madridista". Tódolos sinxelos inclúen un DVD cun ou dous videoclips cada un, e editouse un DVD (Encuentros con entidades) con vídeos de tódalas cancións do disco (tanto en son estéreo como 5.1) e algúns dos clips promocionais de sinxelos anteriores. Encuentros con entidades editouse orixinalmente en digipack, aparecendo a edición actual en formato convencional. O 17 de decembro de 2003 a revista Cáñamo publicou Los planetas se disuelven, que inclúe catro temas baixo a influencia de diferentes substancias psicoactivas, coproducido de novo con Carlos Hernández. Los Planetas contra la ley de la gravedad (2004)Los planetas contra la ley de la gravedad (RCA, 26 de xullo de 2004) foi o último disco gravado por Los Planetas con Carlos Hernández logo de 6 anos de traballo. Conta con cancións como "El golpe de gracia", "Nunca me entero de nada", ou os sinxelos "Y además es imposible" (a dúo con Irantzu Valencia de La Buena Vida, número 1 na lista española de vendas de sinxelos) e "No ardieras". Por vez primeira un disco de Los Planetas inclúe cancións editadas previamente (a excepción dos adiantos en sinxelos): "Experimentos con gaseosa", nova gravación dun dos cortes do EP Los Planetas se disuelven (Cáñamo/RCA 2003), e "Podría volver", a versión de Bambino que xa fora incluída no dobre recompilatorio Bambino, por ti y por nosotros (RCA 2004). A caixa Los Planetas - Singles 1993-2004. Todas sus caras A / Todas sus caras B (RCA, 28 de marzo de 2005) inclúe os 22 sinxelos editados polo grupo ata o momento, presentados individualmente con portadas de cartón. Foi a última colaboración de Javier Aramburu como deseñador de portadas para o grupo. La leyenda del espacio (2007)Primeiro álbum non recompilatorio de Los Planetas publicado en ano impar, La leyenda del espacio (Sony-BMG, 10 de abril de 2007) parafrasea o título do seminal La leyenda del tiempo editado en 1979 por Camarón de la Isla. Varias cancións do disco adaptan palos do flamenco a estruturas do rock, entre elas temas como "El canto del Bute", "Si estaba loco por ti", "Ya no me asomo a la reja", "Tendrá que haber un camino" (cantada por Enrique Morente) ou os sinxelos "Alegrías del incendio" e "Reunión en la cumbre". Principios básicos de astronomía (2009)En xullo de 2009 publícase o recompilatorio Principios básicos de Astronomía en dobre edición: CD, e pack composto por CD, DVD e cómic no que o debuxante e ilustrador Juanjo Sáez interpreta 22 cancións de Los Planetas. O CD recolle 18 deses temas, incluíndo un inédito, "Soy un Pobre Granaíno", unha adaptación dunha colombiana, namentres que o DVD ofrece tódolos videoclips do grupo. Discografía(Tódalas referencias indicadas se refiren a formatos de CD, agás nos que se indica o contrario). Álbums
Recompilatorios
EP / Sinxelos
VideografíaLos Planetas rodaron videoclips para as cancións listadas a continuación:
Notas
Véxase taménLigazóns externas
Information related to Los Planetas |
Portal di Ensiklopedia Dunia