Los 15 hermanos
Los 15 hermanos foi unha empresa galega de alimentación de Ferrol adicada ás bebidas e refrescos[1]. Foi unha das máis coñecidas da zona xunto con manancial de Lanzós. Na zona de Ferrol chegou a haber 16 marcas de gaseosas[2]. EmpresaO nome da empresa: Los 15 hermanos, ven dos 15 irmáns que formaban e traballaban no negocio familiar. Tiña a súa sede na rúa Alcalde Usero, no barrio do Inferniño de Ferrol onde producía gaseosas e refrescos de sabores así como sifóns. O seu mercado como empresa estaba en Ferrol e na zona máis próxima da ría de Ferrol e chegando ata As Pontes de García Rodríguez sendo unha marca moi coñecida. O seu logo era un sinxelo e chamativo cartel metálico de cor azul de 50 cm x 35 cm formado co nome Los 15 hermanos e 15 siluetas en amarelo que se podían ver nas portas das tendas[3]. A empresa desapareceu do mercado a principios dos anos 1990 pola chegada das grandes superficies cas súas distribuidoras, a competencia das grandes marcas, a desaparición das pequenas tendas de barrio e o troco das botellas retornables ás botellas dun só uso. Marcas de gaseosas da zona de Ferrol
Notas
Véxase taménLigazóns externasInformation related to Los 15 hermanos |
Portal di Ensiklopedia Dunia