Los Angeles Memorial Coliseum
O Los Angeles Memorial Coliseum é un estadio deportivo situado na veciñanza de Exposition Park da cidade dos Ánxeles (California). O recinto serve como estadio local do equipo de fútbol americano da Universidade de Southern California (USC), os Trojans, e temporalmente dos Los Angeles Rams da National Football League (NFL). O estadio xa fora sede dos Rams entre 1946 e 1979, antes da marcha do equipo a Anaheim. O recinto conta capacidade para 93.607 espectadores, facéndoo o estadio que pode albergar un maior número de espectadores da Pac-12 Conference da NCAA. HistoriaO Memorial Coliseum, comezado a construír o 21 de decembro de 1921 e inaugurado o 1 de maio de 1923, foi o primeiro estadio en albergar dúas edicións dos Xogos Olímpicos, os de 1932 e 1984 celebrados nos Ánxeles, acollendo as cerimonias de apertura e clausura e as probas de atletismo.[1] Ademais, é candidato a albergar os xogos de 2024.[2] Tamén foi o escenario de dúas Super Bowls, a primeira da historia en 1967, gañada polos Green Bay Packers aos Kansas City Chiefs (35−10), e a sétima en 1973, onde gañaron os Miami Dolphins aos Washington Redskins (14−7).[3] O Coliseum tamén foi o fogar de varios equipos profesionais de fútbol americano e béisbol: Os Dodgers entre 1958 e 1961 (campións da MLB en 1959), os Rams entre 1946 e 1979 e a partir de 2016 (campións da NFL en 1951), os Chargers en 1960, e os Raiders entre 1982 e 1994 (campións da NFL en 1984). En 2016 os Rams volverán a xogar no Coliseum mentrés se constrúe o novo estadio da franquía. Dende 1923 até a actualidade no estadio xoga os seus encontros como local o equipo de fútbol americano da Universidade do Sur de California, o USC Trojans, once veces campión nacional da NCAA. Entre 1933 e 1981 tamén foi o fogar do máximo rival do USC Trojans, o UCLA Bruins, que dende 1982 xoga no Rose Bowl de Pasadena. Notas
Véxase taménLigazóns externasInformation related to Los Angeles Memorial Coliseum |
Portal di Ensiklopedia Dunia