Castro das Insuas

Castro das Insuas
ParroquiaBoebre
ConcelloPontedeume
ProvinciaA Coruña
Comunidade autónomaGalicia
Id. catálogoGA15048002
Cronoloxía
Datas de ocupación-
Data da descuberta-
Períodos de escavación2011
Estado actualabandono
Extensión estimada1,6 ha.
Véxase tamén
Castros de Galicia

Castro das Insuas ou castro da Insua é un poboado castrexo situado na península das Insuas, en Boebre (Pontedeume).

É un castro costeiro situado nunha península no lugar da Barreira, na parroquia de Boebre. Está defendido por un único parapeto no istmo que o une á terra. No seu lado oeste está arrasado polo mar, e no leste os labores agrícolas desmontaron parte do parapeto defensivo. En 2011 a Asociación cultural Ardóbriga liderou unha prospección arqueolóxica, realizándose achados de distintas épocas: desde cerámica castrexa ata lápidas sepulcrais e ósos humanos correspondentes á época na que se achaban alí o cemiterio e a igrexa da parroquia de Boebre[1].

Notas

  1. Asociación cultural Ardóbriga (ed.). "Primeira campaña arqueolóxica de Ardóbriga (3 entregas)". Consultado o 22 de febreiro de 2014. 

Véxase tamén

Outros artigos

Information related to Castro das Insuas

Prefix: a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z 0 1 2 3 4 5 6 7 8 9

Portal di Ensiklopedia Dunia

Kembali kehalaman sebelumnya