Coea, Castro de ReiPara outras páxinas con títulos homónimos véxase: Coea.
San Salvador de Coea é unha parroquia que se localiza no concello de Castro de Rei. Segundo o IGE en 2010 tiña 19 habitantes (10 homes e 9 mulleres), distribuídos en 4 núcleos de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 26 habitantes. HistoriaDurante a antigüidade atopábase no seu territorio unha gran vila romana. Datábel inicialmente entre os séculos II e III, foi achada en 2020 tras unha prospección arqueolóxica para instalar unha torre de alta tensión.[2] Diferentes achados nas proximidades durante o século XX, como un capitel romano perfectamente conservado entre outras pezas, xa suxerían a súa existencia.[3] As escavacións poderían confirmar que o galego Teodosio I, derradeiro emperador romano de Oriente e de Occidente, procedía da parroquia de Coea, a cal sería a Cauca da Gallaecia que indican as dúas únicas fontes coevas ao emperador: o galego Hidacio e o grego Zósimo.[2][3][4] Galería de imaxesLugares e parroquiasLugares de Coea
Parroquias de Castro de ReiNotas
Véxase taménOutros artigosInformation related to Coea, Castro de Rei |
Portal di Ensiklopedia Dunia