Eladio Osorio

Modelo:BiografíaEladio Osorio
Biografía
Nacemento1943 Editar o valor en Wikidata
Ruídos, España Editar o valor en Wikidata
Morte8 de xaneiro de 2025 Editar o valor en Wikidata (81/82 anos)
Parada de Sil, España Editar o valor en Wikidata
Alcalde de Castro Caldelas
1999 – novembro de 2014 (dimisión)Sara Inés Vega →
Alcalde de Castro Caldelas
1987 – novembro de 1996 (moción de censura) Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Castro Caldelas Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Socialista Obrero Español Editar o valor en Wikidata
Membro de

Eladio Osorio Castro, nado en Ruídos (Mazaira, Castro Caldelas) en 1943 e finado o 8 de xaneiro de 2025 en Parada de Sil, foi un político galego ligado ao PSdeG-PSOE que foi alcalde de Castro Caldelas durante case tres décadas.

Traxectoria

Concelleiro desde 1979, foi elixido como concelleiro co PSdeG-PSOE en Castro Caldelas en 1983. Nas eleccións municipais de 1987 encabezou a candidatura do PSdeG-PSOE á alcaldía de Castro Caldelas e foi elixido alcalde con maioría absoluta.

Continuou como alcalde tras revalida-la maioría absoluta nas eleccións de 1991 e 1995. En novembro de 1996 perdeu a alcaldía tras presenta-lo PPdeG unha moción de censura co apoio dun tránsfuga socialista[1]. En 1999 recuperaría a alcaldía tras lograr unha axustada maioría absoluta por tan só 19 votos de vantaxe. Revalidaría a alcaldía nos comicios de 2003 cunha ampla maioría absoluta de 7 concelleiros de 9. En 2007 e 2011 foi novamente reelixido por maioría absoluta, con 6 e 5 concelleiros respectivamente. Durante os seus mandatos creouse a escola-obradoiro de Castro Caldelas e restaurouse o castelo da localidade[2].

En novembro de 2014 dimitiu e foi substituído pola súa compañeira Sara Inés Vega[3].


Predecesor:
José Fernández Rodríguez
 
Alcalde de Castro Caldelas
 
1987 - 1996
Sucesor:
José Baldonedo Enríquez
Predecesor:
José Baldonedo Enríquez
 
Alcalde de Castro Caldelas
 
1999 - 2014
Sucesor:
Sara Inés Vega

Vida persoal

Casou e tivo catro fillos. Enviuvou un ano antes do seu falecemento[2].

Notas

  1. Triunfa una moción de censura contra el PSOE en Castro Caldelas
  2. 2,0 2,1 "Fallece Eladio Osorio Castro, exalcalde socialista de Castro Caldelas". La Región (en castelán). 2025-01-09. Consultado o 2025-01-09. 
  3. "Sara Inés Vega, nova alcaldesa de Castro Caldelas". Arquivado dende o orixinal o 23 de setembro de 2015. Consultado o 08 de novembro de 2014. 

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Prefix: a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z 0 1 2 3 4 5 6 7 8 9

Portal di Ensiklopedia Dunia

Kembali kehalaman sebelumnya