Torre Picasso
A Torre Picasso é un rañaceos situado en Madrid, España, na Praza de Pablo Ruiz Picasso, dentro do complexo empresarial e comercial AZCA, situado xunto ao Paseo da Castellana no corazón financeiro da capital española. No seu momento, coas súas 47 plantas e 157 metros de altura, foi o rañaceos máis alto de Madrid e de España. Foi proxectada polo arquitecto estadounidense de orixe xaponesa Minoru Yamasaki quen tamén proxectou o desaparecido World Trade Center de Nova York, en colaboración co equipo español dirixido por Jordi Mir Valls e Rafael Coll Pujol. En decembro de 2011 foi adquirida por Pontegadea Inmobiliaria, do empresario galego Amancio Ortega, polo valor de 400 millóns de euros. HistoriaProxectada no ano 1974, a súa construción non se iniciou ata finais de 1982, e foi inaugurado en decembro de 1988. Desde entón, este foi o edificio máis alto de Madrid, superando á Torre de Madrid; pero deixouno de ser durante a construción das catro torres do Cuatro Torres Business Area. Foi así mesmo o máis alto de España ata que o excedeu o Gran Hotel Bali de Benidorm (Alacant). CaracterísticasUnha característica notable da Torre Picasso é o seu amplo arco de entrada, que soporta toda a fachada por encima do mesmo, contando cunha estrutura subterránea de aceiro como reforzo. O oco baixo este arco está cuberto mediante un tipo especial de cristal de seguridade chamado STADIP, o mesmo usado na Torre Agbar de Barcelona. A Torre Picasso é un calco da Rainier Tower, en Seattle (Estados Unidos), tamén deseñada por Minoru Yamasaki. No caso do edificio estadounidense este posúe un fuste sobre o que se eleva o resto do corpo da torre, que posúe as mesmas liñas esveltas e acabados brancos que a torre madrileña, construída 11 anos máis tarde. Na actualidade, o inmoble é propiedade do fundador e presidente de Inditex, Amancio Ortega, quen pagou 400 millóns de euros ao seu anterior propietario, Fomento de Construcciones y Contratas, S.A.. Xestiónao e comercialízao PER Gestora Inmobiliaria, S.L. A compra formalizouse o 29 de decembro de 2011. Galería de imaxes
Véxase tamén
Ligazóns externas
Information related to Torre Picasso |
Portal di Ensiklopedia Dunia