Tucho de la Torre
Antonio de la Torre Muñoz, nado en Marín o 4 de xullo de 1939 e finado na mesma vila o 18 de setembro de 2017[1], foi un futbolista galego, que xogaba como centrocampista, coñecido como Tucho de la Torre. TraxectoriaComezou a xogar na categoría infantil no campo da Escola Naval Militar de Marín. Con 13 anos emigrou coa súa familia a Venezuela, onde xogou nos equipos Colonia Canaria e Banco Obrero. Nesa etapa foi disputou un torneo en Haití. Na súa mocidade practicou tamén boxeo, natación e esgrima. Con 17 anos regresou a Galicia, e na campaña 1957-58 fichou polo Celta de Vigo, se ben foi cedido ao Racing de Ferrol. Na tempada seguinte debutou co equipo vigués, se ben descenderon a segunda división. Na tempada 1959-60 o equipo rematou segundo na liga regular, e antes dos partidos da promoción de ascenso anunciouse o seu traspaso ao Sevilla FC xunto con Juan Manuel, por un pago dun millón e medio de pesetas polos dous xogadores. Xogou en primeira división co Sevilla e logo pasou ao equipo filial. Despois fichou polo Real Zaragoza, Deportivo da Coruña, CD Badajoz e Cádiz CF. Retirada e recoñecementoDespois de deixar o fútbol dedicouse á hostalaría. En 1970 abriu na súa vila natal a cafetería Xeitosa, na que traballou até a súa xubilación en febreiro de 2006. En 2015 o concello de Marín concedeulle un dos seus premios aos mellores deportistas locais en recoñecemento á súa traxectoria e ao seu apoio ao deporte base. Desde este ano a Escola de Fútbol Vila de Marín organiza un torneo de fútbol-8 prebenxamín e benxamín que leva o seu nome. Equipos
Notas
Véxase taménLigazóns externas
Information related to Tucho de la Torre |
Portal di Ensiklopedia Dunia