Tenerife AB
O Tenerife Amigos del Baloncesto, coñecido popularmente como Tenerife Nº 1 por motivos de patrocinio, foi un club profesional de baloncesto español da cidade de Santa Cruz de Tenerife que existiu entre 1986 e 1994, período durante o cal conseguiu xogar dúas temporadas na Liga ACB. En 1994 fusionouse co Canarias, nacendo o CB Tenerife Canarias, que desaparecería definitivamente dous anos despois en 1996. HistoriaAo comezo da temporada 1986−87, o Real Club Náutico de Tenerife, que militaba na 1ª Dvisión B, non puido continuar mantendo o orzamento dun equipo semiprofesional de baloncesto. Pensando no historial do club, Enrique Alfonso formou unha xunta directiva que cos dereitos cedidos e formou o Tenerife Asociación de Baloncesto. Con Moncho Monsalve e Felipe Coello como adestradores e un elenco de xogadores locais xunto a un par de estadounidenses formado por Marty Embry e Lance Berwald conseguiu a permanencia ao obter o primeiro posto do Grupo B2. Con todo, o club sofre a desgraza da morte por accidente de tráfico de tres xogadores do equipo: Juan Carlos Delgado, Carmelo García González e Carmelo Javier Calero Martín. Na temporada 1987−88, aínda con Moncho Monsalve de adestrador e a incorporación de varios xogadores nacionais, conseguiuse o ascenso, por invitación, á Liga ACB, despois de ficar en terceiro lugar na liga regular e en sexto posto no playoff de clasificación final. As seguintes dúas tempadas xogaríaas na Liga ACB quedando na primeira dela na posición número 22 e o segundo ano na posición 24. Este último ano o club descendería sendo o pechacancelas. Durante estas dúas temporadas o equipo tinerfeño coincidiu na máxima competición nacional co Canarias e o Gran Canaria, sendo as temporadas con maior número de equipos canarios no máximo nivel do baloncesto nacional e estando representadas o tres cidades máis poboadas do arquipélago: As Palmas de Gran Canaria, Santa Cruz de Tenerife e San Cristóbal de la Laguna. En 1993 compra a praza doutro club canario, o Club Baloncesto San Isidro de La Orotava para seguir competindo en 1ª Nacional B, despois de perder a categoría ese ano na liga. O equipo desaparecería en 1996 tras crear co Canarias e outros clubs da illa o Tenerife Club de Baloncesto. XogadoresDestacadosHistorial
Véxase taménLigazóns externas
Information related to Tenerife AB |
Portal di Ensiklopedia Dunia