CB Canarias
O Club Cantera Base 1939 Canarias S.A.D., coñecido tamén como La Laguna Tenerife, é un club de baloncesto profesional español con sede en San Cristóbal de la Laguna, Tenerife. Actualmente compite na Liga ACB, máxima categoría do baloncesto español profesional. O club xoga os seus encontros coma local no Pabellón Insular Santiago Martín, recinto con capacidade para 5 100 espectadores.[1] HistoriaO Club Baloncesto Canarias naceu en 1939 pola unión de diversos clubs de Tenerife. Desde a súa fundación no ano 1939, o club militou en categorías rexionais e en 2ª división. Na temporada 1978−79 o club participa na 1ª Divisón B, até que na campaña 1980−81 logra o ascenso á Primeira División. Na seguinte temporada o club descende, aínda que regresa a agora chamada Liga ACB un ano despois. Durante os anos en que o club participou na ACB, logrou participar na Copa Korać na temporada 1988−89. Con todo, na temporada 1990–91 o club descende de novo á segunda categoría. Nos anos noventa o club fusiónase de novo con varios equipos da illa para salvar unha gran débeda económica. Tras dous anos dentro da fusión chamada Club Baloncesto Tenerife, o Canarias decide deixar a fusión e seguir pola súa conta. Na temporada 2006−07 o equipo, agora chamado Club Baloncesto 1939 Canarias, ascende á liga LEB. No ano 2012, o Canarias ascendeu á ACB tras ser campión da Liga LEB Ouro, pero finalmente non conseguiu a praza debido á imposibilidade de obter os requisitos precisados pola ACB.[2] Porén, un mes máis tarde, o 20 de xullo, o CB 1939 Canarias ocuparía a praza que pouco antes deixara libre o CB Lucentum Alicante e que fora comprada pola liga. En 2017, o equipo consegue participar por vez primeira na Basketball Champions League. O club consegue chegar á Final Four, que se disputaría precisamente no seu pavillón local, o Pabellón Insular Santiago Martín. Após venceren ao Umana Reyer Venezia (67−58) en semifinais e ao Banvit na final (63−59) conseguiráin o seu primeiro trofeo continental. PatrociniosPor motivo de patrocinio, o club tivo diversos nomes ao longo da súa historia:
XogadoresCadro actual
Dorsais retirados
Destacados
Galardóns individuaisSegundo mellor quinteto da ACB
AdestradoresA seguinte é unha lista dos adestradores do CB 1939 Canarias desde 2003.
Palmarés![]()
Copa Interconinental
Trofeo Gobierno de Canarias
Historial
Notas
Véxase taménLigazóns externasInformation related to CB Canarias |
Portal di Ensiklopedia Dunia