Rafael Cuíña
Rafael Luís Cuíña Aparicio, nado en Lalín o 13 de xaneiro de 1972, é un empresario, político e columnista galego, fillo do político Xosé Cuíña. TraxectoriaEstudou Dereito.[cando?][Cómpre referencia] Exmilitante do Partido Popular de Galicia, era unha das caras coñecidas da rama galeguista neste partido[1]. Escribiu para diversas publicacións como Vieiros, Xornal de Galicia ou o xornal A Peneira, e acadou certa sona pola súa pertenza á asociación cívica na defensa da lingua galega, ProLingua. Así mesmo, forma parte do equipo permanente do Instituto Galego de Estudos Europeos e Autonómicos (IGEA) que dirixe o nacionalista Anxo Quintana[2]. Membro da plataforma galeguista Acción Galega, o 14 de abril de 2012 anunciou a súa marcha do Partido Popular [3], integrándose en xuño dese mesmo ano na organización política Compromiso por Galicia. Nas filas desta formación concorreu como cabeza de lista por Pontevedra ás eleccións ao Parlamento de Galicia 2012, malia non acadar finalmente representación. Nas municipais de 2015 foi candidato de Compromiso por Galicia á alcaldía de Lalín e foi elixido alcalde grazas a un pacto de goberno co PSdeG e PAC. Nas municipais de 2019 perdeu a alcaldía ó recuperar o PPdeG a maioría absoluta. No 2023 volveu encabezala candidatura de Compromiso por Galicia mais non logrou recupera-la alcaldía dado que o PPdeG mantivo a maioría absoluta. Notas
Véxase tamén
Outros artigosLigazóns externas
Information related to Rafael Cuíña |
Portal di Ensiklopedia Dunia