Rafael Balsa
Rafael Balsa de la Vega (adoitaba asinar R. Balsa de la Vega), nado en Padrón en 1859 e finado en Madrid o 2 de xuño de 1913, foi un pintor, crítico de arte, e tradutor galego. TraxectoriaPintou acuarelas e óleos, retratos de persoeiros como Juan Rodríguez del Padrón[1] ou Emilia Pardo Bazán e outros títulos como En una aldea de Galicia (100x60cm), presentado á Exposición Nacional de Belas Artes de 1884,[2] Un rato de conversación (16x23) ou Devotos de Santa María de los Arcos (16x26), ámbolos dous incluídos na Exposición Nacional de Belas Artes de 1887.[3] Viaxou por Europa e América. Xa como crítico, colaborou en La Ilustración Española y Americana, Blanco y Negro, La Ilustración Artística, Galicia. Revista Regional[4] e o Boletín de la Real Academia Gallega[5]. Pertenceu á redacción de El Liberal. Participou no deseño do Pazo de Meirás.[6] Asistiu aos faladoiros cotiás da Cova Céltica[7] e foi membro correspondente da Real Academia Galega.[8] Cando morreu estaba a traballar, por encarga do Ministerio de Instrución Pública e Belas Artes, na confección dun catálogo artístico e monumental das provincias galegas.[9] Obra bibliográfica
TraduciónsTraduciu ao castelá varias obras, a maioría delas de Emilio Salgari:
RecoñecementosUnha rúa do centro de Padrón leva o seu nome. Notas
Véxase taménBibliografía
Ligazóns externas
Information related to Rafael Balsa |
Portal di Ensiklopedia Dunia