Illas FénixPara outras páxinas con títulos homónimos véxase: Fénix (homónimos).
As Illas Fénix, Illas Phoenix ou Illas Rawaki son un conxunto de atois pouco poboados situados no océano Pacífico, ao leste das Illas Gilbert, ao oeste das Illas da Liña e ao norte de Samoa. A finais da década de 1930, foi o sitio do último intento de expansión colonial do Imperio Británico. Este plan de colonización denominouse Proxecto de Colonización das Illas Fénix. Este arquipélago forma parte do estado de Kiribati desde 1983, cando foi cedido formalmente por Estados Unidos, ao ratificar o tratado asinado en 1979. Poboación (1990), 45 habitantes. O grupo de atois pertence á República de Kiribati e está oficialmente deshabitado, excepto por unhas poucas familias en Kanton. O conxunto de illas é oficialmente denominado por Kiribati como Illas Rawaki. As illas recibiron o nome do buque baleeiro Phoenix, de Nantucket, Massachusetts, o cal estaba activo na área; e tamén descubriu o arrecife Winslow.
As illas e os seus arredores son o fogar de case 120 especies de coral e máis de 500 especies de peixes. Kiribati anunciou os plans de construír un parque mariño xigante nesta zona. Information related to Illas Fénix |
Portal di Ensiklopedia Dunia