Illa do Diaño
A Illa do Diaño[Cómpre referencia] (en francés "Île du Diable") é a illa máis pequena das tres Illas da Salvación (en francés Iles du Salut), localizada a 11 km da costa de Güiana Francesa ten unha área de 14 hectáreas. As súas coordenadas xeográficas son: 5°17'N, 52°35'W. A illa foi utilizada como unha colonia penal francesa, moi famosa pola brutalidade con que eran tratados os prisioneiros. A illa é rochosa e esta cuberta de selva tropical. Ten unha altitude media de 40 metros sobre o nivel do mar. Foi aberta en 1851 por Napoleón III para albergar todo tipo de prisioneiros, desde asasinos a criminais políticos. A pesar de que os edificios administrativos se atopaban en Kourou en terra firme, co tempo todo o complexo foi chamado A Illa do Diaño. Desde 1852 ata 1938 chegaron máis de 80,000 prisioneiros, e debido ás terribles condicións sanitarias da illa, a maioría nunca volveron ser vistos. A única forma de escapar era por bote, e logo debía superarse unha selva impenetrable, polo que poucos convictos lograron escapar. Algúns sobreviventes deixaron relatos dos horrores do penal, entre eles atópase o anarquista Clément Duval, o autor de Papillon Henri Charrière e o famoso capitán Alfred Dreyfus, que estivo alí máis de catro anos ata que foi perdoado en 1899 e finalmente declarado inocente en 1906. O penal foi clausurado en 1946 e a maioría dos prisioneiros regresou a Francia, aínda que algúns decidiron quedar na Güiana Francesa. NotasVéxase tamén
Outros artigosLigazóns externasInformation related to Illa do Diaño |
Portal di Ensiklopedia Dunia