FilloUn fillo é un rapaz, un neno, un home, ou un animal, respecto dos seus pais. O equivalente feminino é filla. Todo neno (e, en definitiva, toda persoa) é un fillo, xa que todo individuo ten uns pais con independencia de que estean vivos ou vivan ou non coa descendencia. Contexto socialEn moitas sociedades preindustriais e algúns países actualmente con economía baseada na agricultura, un valor máis alto era, e segue a ser hoxe, asignado ós fillos máis que ás fillas, dando ós homes un status social maior, por ser os homes fisicamente máis fortes, e poder en consecuencia e en teoría realizar tarefas agrícolas de xeito máis eficaz. Na China, está en vixencia unha política de fillo único para moderar o seu rápido crecemento de poboación. Os rexistros oficiais mostran un aumento no nivel de nacementos masculinos desde que se implantou tal política. Isto foi atribuído a varios factores, incluíndo a práctica ilegal do aborto segundo o sexo e gran cantidade de nacementos femininos non reportados. Nas sociedades que practican a primoxenitura, os fillos adoitan herdar antes cas fillas. Usos particulares do termo filloAdóitase chamar fillo tamén, a por exemplo unha persoa respecto do seu país, a unha obra produto do enxeño, como expresión de agarimo entre persoas que se queren moito, tamén a unha cousa que procede doutra por procreación (por exemplo un retoño dunha árbore) Símbolo CristiánNo Cristianismo, "o Fillo" refírese a Xesucristo. Ser Fillo do rigorNa Arxentina adóitase usar esta expresión indicando que alguén actúa adecuadamente só cando se lle castiga ou constrinxe. Fillo pródigoChámase así ó fillo que regresa ó fogar paterno, logo de abandonalo durante un tempo tratando de independizarse. Véxase taménOutros artigosInformation related to Fillo |
Portal di Ensiklopedia Dunia