Zaha Hadid | Nome orixinal | (ar) زها حديد |
---|
|
Nacemento | 31 de outubro de 1950 Bagdad, Iraq |
---|
Morte | 31 de marzo de 2016 (65 anos) Miami, Estados Unidos de América |
---|
Causa da morte | infarto agudo de miocardio |
---|
Lugar de sepultura | Cemitério de Brookwood (pt) |
---|
Relixión | Islam |
---|
Educación | Architectural Association School of Architecture (pt) (1972–1977) Universidade Americana de Beirut - matemáticas Berkhamsted School (en) |
---|
|
Campo de traballo | Arquitectura, jewelry design (en) e pintura |
---|
Lugar de traballo | Bakú Innsbruck Cincinnati East Lansing Copenhague Moscova Nova York Zaragoza Boston New Haven Weil am Rhein Berlín Chicago Roma Londres Hong Kong Milán |
---|
Ocupación | arquitecta, artista, escultora, deseñadora de xoias, deseñadora, profesora universitaria, pintora |
---|
Empregador | Universidade Harvard Universidade de Illinois Chicago (pt) University of Applied Arts Vienna (en) |
---|
Membro de | |
---|
Xénero artístico | Pintura arquitetônica (pt) e arquitetura futurista (pt) |
---|
Movemento | Deconstrutivismo |
---|
Representante | The Zaha Hadid Foundation (en) |
---|
|
| 17 de agosto de 2021 | Ring Redux: The Susan Grant Lewin Collection (pt) | 2018 | Objets Ambigus, contemporary jewelry, a passion (en) | 17 de outubro de 2011 | Colouring Light: Brian Clarke - An Artist Apart (en) | 21 de xaneiro de 2004 | Reunión Anual do Foro Económico Mundial de 2004 |
| |
Obras destacables | Arquivos en | |
---|
|
Cónxuxe | sen valor |
---|
Pai | Mohammed Ali Haded |
---|
Irmáns | Foulath Hadid |
---|
|
|
| Descrito pola fonte | Obálky knih, The Architect: Women in Contemporary Architecture (en) hedendaagsesieraden.nl (pt) |
---|
Sitio web | zaha-hadid.com |
---|
|
Zaha Hadid (en árabe: زها حديد), nada en Bagdad, Iraq, o 31 de outubro do 1950 e finada en Miami (Florida) o 31 de marzo de 2016,[1][2] foi unha arquitecta británica de orixe árabe identificada coa corrente desconstrutivista da arquitectura.
Traxectoria
Estudou matemáticas na Universidade Americana de Beirut.[3] Logo de se formar, pasou a estudar na Architectural Association de Londres. Despois de se licenciar como arquitecta tornouse membro do Office for Metropolitan Architecture, traballando co seu antigo profesor, o arquitecto Rem Koolhaas. En 1979, pasou a estabelecer un despacho profesional propio en Londres. De alí en diante, a súa obra pasa a posuír certo renome. Na década de 80, tamén deu clases na Architectural Association.
Proxectos
Gran parte da obra de Zaha Hadid é conceptual. Entre os seus proxectos executados inclúense:
- Parque de Bombeiros de Vitra (1993), Weil am Rhein, Alemaña
- Centro Rosenthal de Arte Contemporánea (1998), Cincinnati, Ohio, EUA
- Terminal Hoenheim-North & estacionamento (2001), Estrasburgo, Francia
- Bergisel Ski Jump (2002), Innsbruck, Austria
- Phaeno, museo científico. Co lema Da staunst du (“Asombrate”) (2005), Wolfsburg, Alemaña
Zaha Hadid tamén realizou traballos de interiores de alto nivel, incluíndo a Zona da mente no Domo do Milenio en Londres. Vencedora de diversas competicións internacionais, algúns dos seus proxectos premiados nunca foron construídos: notabelmente The Peak Club en Hong Kong (1983) e a Ópera da Baía de Cardiff en Gales, 1994.
En 2004, Hadid converteuse na primeira arquitecta en recibir o Premio Pritzker de Arquitectura polo conxunto da súa obra.[4]Anteriormente tamén fora condecorada coa Orde do Imperio Británico polos servizos realizados á arquitectura.
Galería
Primeiras obras (1991–2005)
-
Estación de bombeiros en Weil am Rhein, Alemaña (1991–93)
-
Salto de Ski Bergisel, Innsbruck, Austria (1999–2002)
-
Centro de Arte Contemporánea, Cincinnati, Ohio (1997–2003)
-
Centro Científico Phaeno, Wolfsburgo, Alemaña (2005)
-
Edificio administrativo da fábrica de BMW en Leipzig, Alemaña (2001–2005)
-
Extension do Museo de Ordrupgaard, Copenhague, Dinamarca (2001–2005)
-
Estación de tren de Alta Velocidade en Afragola, Nápoles, Italia
Proxectos maiores (2006–2010)
Proxectos maiores (2011–2012)
Derradeiros proxectos maiores completados (2013–2016)
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas
Information related to Zaha Hadid |