Xirona
Xirona[1][2][3] (en catalán: Girona, pronunciado [ʒiˈɾonə]) é un concello e cidade do nordeste de Cataluña, capital da comarca do Gironès e da provincia de Xirona. Tiña 102.666 habitantes segundo os datos de 2022. A cidade de Xirona está sita na confluencia dos ríos Onyar, Güell, Galligants e Ter, a unha altitude de 70 metros, na chaira do mesmo nome. A pouca distancia dos Pireneos e da costa do Mediterráneo, fica nunha posición estratéxica entre La Jonquera, porto de montaña e fronteira con Francia, e a cidade de Barcelona. Esta situación privilexiada, xa de seu, vese potencializada coa existencia do seu aeroporto, perfectamente ligado ao resto do mundo como segundo aeroporto de Barcelona e importante base de operacións de Ryanair. Malia ser unha cidade de tradición pausada e tranquila ten dous momentos de festa en que é visitada por persoas vindas de Cataluña toda. Estes son: as feiras de Sant Narcís, patrón da cidade; e Temps de flors, a terceira semana de maio. Historia![]()
A historia da cidade remóntase aos asentamentos dos iberos da tribo dos indixetes nos poboados que rodean e pechan a Chaira de Xirona. Cara ao 77aC. Pompeio construíu un oppidum sobre a Vía Heráclea e os ocupantes romanos fundaron a orixinaria Xirona, denominada en latín Gerunda. A nova cidade de Gerunda repoboouse cos habitantes do poboado do actual Sant Julià de Ramis converténdose nun importante centro da rexión, coa articulación dun ager romano que rodeaba a urbe. A pesar de que Gerunda se atopaba no interior, afastada da costa, dispuña dunha boa conexión co porto de Empúries. A cidade tivo o seu primeiro período de esplendor como diocese da Igrexa unida á sé metropolitana de Tarragona, seguido da ruralización que se desencadeou por todo o antigo imperio romano por mor da ruína xeral e a perda de peso dos cidadáns. A conquista musulmá deseguida afectou Xirona impondo o novo poder musulmán un tributo persoal e territorial, pero durou pouco pola súa proximidade co imperio carolinxio. O historiador catalán Ramón Abadal i Vinyals considérao como o inicio dun proceso que conduciu ao nacemento da Cataluña posterior, o cal vén demostrar a importancia que Xirona tivo ao longo do tempo. A organización carolinxia do territorio converteu a cidade na sede do Condado de Xirona. Xirona, como sede condal, cumpriu folgadamente co seu papel e superou as etapas máis difíciles do perigo musulmán. As novas murallas reforzaron a praza forte e ampliaron a superficie da cidade. Nese momento dáse a época de máximo esplendor da comunidade xudía de Xirona coa escola cabalística. Actualmente, a xudaría de Xirona, é unha das mellor conservadas de Europa e é unha das atraccións turísticas de Xirona. Durante os séculos XV, XVI e XVII a cidade continuou crecendo e fóronse realizando pequenas ampliacións e melloras das murallas para protexer a cidade dos diversos ataques aos que tivo que facer fronte ata finais do século XVII e principios do século XVIII por parte das tropas francesas no contexto das numerosas guerras europeas. A principios do século XIX sufriu unha devastación debido aos combates e asedios que sufriu durante a Guerra de Independencia Española. Cara ao 1889, o Estado maior do exército español suprimiu a categoría de praza forte que ostentaba Xirona e permitiuse a derruba dunha parte das murallas do sur da cidade, Xirona comezou a tomar a forma que ten hoxe en día. O 4 de febreiro de 1939 as tropas franquistas ocuparon a cidade. En 1960 Xirona é nomeada a primeira Ciutat pubilla da Sardana cunha mensaxe de Josep Mainar i Pons. XeografíaA cidade de Xirona atópase na confluencia dos ríos Onyar, Güell, Galligants e Ter, a unha altitude de 75 m, no chamado Pla de Girona. Limita cos concellos de Sant Julià de Ramis e Sarrià de Ter ao norte, Celrà e Juià ao leste, Quart ao sueste, Fornells de la Selva e Vilablareix ao suroeste, e Salt e Sant Gregori ao oeste. Demografía
Patrimonio artístico![]() ![]() ![]() ![]() Casco AntigoO Casco Antigo de Xirona, corazón da primixenia cidade romana de Gerunda, contén todo o patrimonio artístico máis relevante da cidade e está cercado por inmensos lenzos de muralla que se poden percorrer polo Passeig Arqueològic e o Passeig de la Muralla, cun belo miradoiro sobre a cidade. As Casas do OnyarMoi características de Xirona son as casas colgadas sobre o río Onyar. Estas pintorescas casas construídas ao longo dos séculos á beira do río ofrecen unha imaxe espléndida dunha pequena cidade mediterránea. Todas as fachadas fluviais están pintadas seguindo a paleta cromática conferida por Enric Ansesa, Jaume Faixó e os arquitectos J. Fuses e J. Viader. A Xudaría (El Call Xudeu )Dentro da encrucillada de ruelas medievais destaca a Xudaría, El Call, onde viviu ata finais do século XV unha reducida comunidade. Trátase dun dos núcleos medievais mellor conservados de Europa. Destaca no mesmo o Centro Bonastruc Ça Porta, a posible antiga sinagoga convertida hoxe en centro de estudos. Á beira norte do centro atópase o Montjuïc, ou monte dos Xudeus. A Catedral de Xirona
Na Praza da Catedral son importantes a Casa Pastors, edificio renacentista actual Palau de Justícia, e a Pia Almoina. Nesta praza está a Catedral ou Santa María, construída entre os séculos XI-XVIII que ofrece catro estilos arquitectónicos: románico, gótico, renacentista e barroco. Alén doutras construcións civís como a Casa de l'Ardiaca e o Palacio Episcopal, o casco antigo ten representativas construcións relixiosas, como o mosteiro de Sant Pere de Galligants ou a Basílica de Sant Feliu. Baños árabesO percorrido polo Barri Vell pode concluír no Paseo Arqueolóxico, coas torres Julia e Cornelia; e os baños árabes, ao final do paseo, caracterizados pola súa lanterna cupulada superior. A Rambla da LiberdadeAntiga espiña dorsal da Xirona medieval barroca e oitocentista, é o espazo público máis concorrido e emblemático de Xirona. Con todo, a existencia da rambla é moi recente xa que a súa configuración data do 1885 época na que o arquitecto municipal Martí Sureda i Deulovol unificou a praza das coles coa rúa do bebedoiro e os soportais dos esparteros que fixo derrubar. Todo o espazo converteuse, entón, nun paseo arboredo, de tileiros, e puxéronse uns bancos. Chamouse La Rambla de la Liberdat facendo honra á árbore da liberdade que se plantou en 1869, durante o sexenio democrático. Aínda que o espazo foi moi modificado por Sureda, conserva unha parte porticada medieval e algúns dos palacios da mesma época. Porén, a construción de inmobles oitocentistas transformou, en parte, o carácter medieval do espazo. Actualmente a Rambla é o punto de entrada ao Barrio Antigo para os turistas que chegan á cidade e un lugar de paseo para todos. A Praza da IndependenciaA Praza da Independencia que fai referencia á Guerra da Independencia Española é unha das prazas máis coñecidas e frecuentadas de Xirona.[4] Sita no Barrio de Mercadal, no centro da cidade, a praza aséntase onde estivo o Convento de Santo Agostiño, polo que tamén se coñece como Plaça de Sant Agustí. O interese desta praza radica no seu aire oitocentista a pesar de que, a mesma, está arrodeada por edificios neoclásicos austeros e idénticos, cuns soportais escultóricos dedicados aos defensores da cidade de Xirona durante os asedios de 1808 e 1809. De todos os xeitos, a praza, de proporcións simétricas corresponde máis ben ás intervencións actuais que ao seu pasado arquitectónico. O arquitecto municipal Martí Sureda foi o primeiro que ideou unha praza pechada e porticada con voltas neoclásicas, cuns edificios que tivesen as mesmas proporcións estéticas. A urbanización da zona só seguiu, en parte, os seus esquemas e a construción das primeiras salas de cinema desta cidade, malogrou a idea de Martí Sureda. Ata os anos 80 do século XX non se puido completar o que imaxinara ese arquitecto. As pontes sobre o río OnyarUn dos principais problemas, ao longo da historia, da cidade, constituíu a necesidade de unir as dúas partes da cidade que se achaban separadas polo río Onyar: á beira dereita (Barrio Vello) e á beira esquerda (barrio de Mercadal). Debido a iso, as pontes xogaron un papel primordial no desenvolvemento da cidade. Actualmente non queda ningunha das pontes medievais que cruzaban o río e a maioría das construcións son contemporáneas. Entre elas destacan catro: a Ponte de Pedra, a Ponte de Ferro, a Ponte de Gómez e o Viaduto do Ferrocarril. A Ponte de Pedra (Pont de Pedra ou de Isabel II) data de 1849 e substituíu a ponte medieval que unía os dous barrios da cidade. A Ponte de Ferro (Pont de Ferro ou Pont de les Peixateries Velles, ou Pont de Eiffel en honra a Gustave Eiffel (cuxa empresa construíu a ponte), data de 1876, e significou un grande avance en canto á unión e cohesión da cidade. A Ponte de Gómez (que leva o nome da persoa á que se lle expropiou a casa para construír a ponte) data de 1916 e rompe o estilo oitocentista das pontes anteriores, cunha estrutura de cemento moderna e austera. Para rematar, a cuarta ponte é o Viaduto do Ferrocarril, construído en 1876 que representou a chegada da modernidade e o progreso para unha Xirona que permanecía amurallada. TransportesTransporte urbanoA cidade de Xirona conta, na actualidade (antigamente existiu o tranvía), cun único medio de transporte público urbano colectivo: o autobús. O consorcio de transportes (n>) xestiona os autobuses de Transports Elèctrics Interurbans (TEISA) e de Transports Municipals de Girona (TMG), que actualmente ten 11 liñas urbanas que exceden os límites administrativos do municipio de Xirona, englobando os municipios veciños de Salt, Sarrià de Ter, Quart, Fornells de la Selva e Vilablareix, o que se considera a Área urbana de Xirona. Por toda a rede viaria circulan unha serie de autobuses metropolitanos, rexionais e nacionais que conectan o resto das poboacións con Xirona. Así, hai liñas regulares que unen a Xirona con Sant Feliu de Guíxols, Santa Coloma de Farners, Olot e Lloret de Mar e con todas as pequenas e medianas poboacións que se atopan no percorrido. A estación de autobuses central de onde parten todas está xunto á estación de ferrocarril. PortoO municipio de Xirona non dispón de ningún acceso ou enclave marítimo e, xa que logo, non ten ningún porto no termo municipal. Pero Xirona, historicamente, dispuxo de dereitos sobre o porto de Sant Feliu de Guíxols, a 40 km da cidade. Na época medieval, Xirona conseguiu que se recoñecese a súa xurisdición sobre o porto, o que supuña o control de todos os impostos que se derivaban e a garantía do uso, con plenos dereitos, do pequeno porto do mar Mediterráneo. Na actualidade, Xirona, non ten ningún dereito sobre o porto de Sant Feliu de Guíxols que foi substituído, en canto a importancia, polo porto de Palamós, que é a principal infraestrutura portuaria da provincia de Xirona e que está situado, tamén, a uns 40 km da capital xerundense. AeroportoA infraestrutura aeroportuaria que serve á cidade de Xirona e ao resto da provincia, é o Aeroporto de Xirona-Costa Brava, situado en Vilobí d'Onyar, a 12 km da cidade. Desde a súa creación, en 1969 o aeroporto, que era unha infraestrutura de segunda orde, reservado unicamente para os voos domésticos e charters, pasou a ser unha infraestrutura de primeira orde para a chegada das compañías aéreas de baixo custo en 2003. Debido a isto, o Aeroporto de Xirona-Costa Brava, deixou de ser un aeroporto da provincia de Xirona, para converterse nun aeroporto de ámbito nacional e estatal. É a central para o sur de Europa dunha das maiores compañías aéreas de baixo custo, a irlandesa Ryanair. Ferrocarril![]() Xirona dispón dunha estación de ferrocarril de Adif (antes Renfe), conectada á rede nacional de ferrocarrís cun ancho de vía de 1668 mm. Existen tres tipos de trens que comunican á cidade:
As infraestruturas ferroviarias circulan por Xirona mediante un viaduto que atravesa a cidade de norte a sur. Actualmente, coa chegada do Tren de Alta Velocidade á cidade, redactouse un plan que proxecta soterrar o ferrocarril, desmantelar a estación de mercancías existente e construír unha nova estación de viaxeiros no mesmo sitio no que se acha a actual estación. EstradasUn gran número de infraestruturas viarias atravesan o municipio de Xirona, tendo en conta que é un lugar de paso obrigado cara á Costa Brava, cara ao interior, e cara á fronteira con Francia. Na rede de estradas estatais atópase a autoestrada de peaxe AP-7 (Autoestrada do Mediterráneo) que é a vía de gran capacidade que comunica o corredor mediterráneo coa fronteira francesa, e a A-2 (antiga N-II), antiga estrada nacional radial que lentamente se está convertendo nunha autovía. Esta estrada atravesa o municipio de Xirona pola paraxe natural e protexido do Vall de Sant Daniel. A construción desta estrada, atravesando unha zona de alto valor natural e paisaxístico xerou, cara aos anos 1990 e 1992, unha forte oposición popular contra o proxecto. As estradas autonómicas que atravesan Xirona son: a C-65, a C-66, a N-141 e indirectamente, a C-25. A C-65 une a Xirona coa cidade costeira xerundense de Sant Feliu de Guíxols, a C-66 con Palafrugell e La Bisbal d'Empordà, Banyoles e Besalú onde conecta coa autovía do Estado A-26; a N-141, une a Xirona con Bescanó e Anglès, seguindo o curso do río Ter; para rematar, a C-25, o denominado eixo transversal, une a Xirona con Santa Coloma de Farners, Vic, Manresa e Cervera, onde enlaza coa A-2. En último termo están as estradas provinciais, mantidas pola Deputación de Xirona e que conectan as pequenas poboacións coa capital. Cultura e tradiciónsFestas
Museos
Teatro
Universidade de XironaA actual Universidade de Xirona é a institución educativa de máximo nivel da cidade. Creada en 1992 a partir do Estudo Xeral de Xirona, unha sección dependente da Universidade Autónoma de Barcelona significou a recuperación dos estudos universitarios en Xirona desde o 1717, ano no que se clausurou a institución universitaria de Xirona por orde de Filipe V. As instalacións da actual universidade atópanse divididas en tres campus: o do Varrín Vell, o do centro da cidade (Campus Centre), e o de Montilivi. DeportesO equipo de fútbol de Xirona é, por excelencia, o Girona Futbol Club, que conseguiu en 2017 por primeira vez na súa historia o ascenso a Primeira División e que xoga os seus partidos no Estadi de Montilivi. Outros equipos importantes da cidade son: Penya Doble Set de Girona (o equipo máis antigo da cidade), Sabat F.C., La Salle Girona, entre outros. O equipo de baloncesto de Xirona o Club Bàsquet Girona (CB Girona SAD). Disputa os seus partidos no Pavelló Xirona-Fontajau. A base do Club de Baloncesto Xirona confórmana o Sant Josep Xirona na categoría infantil (menos de 14 anos) e, a partir dos 14 anos en diante, uniuna Gironina. Outros clubs representativos son: La Salle Xirona Vedruna Xirona "C.B.Fontajau". Hai, tamén, un equipo de hóckey, o Club Hoquei Girona. Os equipos de balonmán máis importantes son: Handbol Girona (UDG) e o Club Esportiu Maristes. Como equipo de tenis figura o Club de Tennis Girona. O voleibol ten, como club máis importante o Club Voleibol AVAP Para rematar, o GEiEG (Grup Excursionista i Esportiu Gironí) ten representación en case todas as disciplinas deportivas, destacando, sobre todo no rugby, atletismo, balonmán e en baloncesto feminino. Cidades irmandadasNo seo do programa de relacións exteriores do Concello de Xirona, a cidade fica irmandada con diversas cidades do mundo.[5] En negociacións avanzadas atópanse Nueva Gerona[6] (Cuba) e Nashville, TN (Estados Unidos de América). A continuación ofrécese unha lista das cidades irmás de Xirona.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Information related to Xirona |
Portal di Ensiklopedia Dunia