Vueling
Vueling Airlines (pronuncia /ˈbwelin/) é unha aeroliña española con sede en El Prat de Llobregat, Barcelona, filial de Iberia. É a segunda aeroliña por tamaño de frota en España[1] (só superada pola súa matriz Iberia L.A.E.) e a terceira por número de pasaxeiros transportados[2] só superada por Iberia L.A.E. e a irlandesa Ryanair. Historia e característicasComezou operacións en xullo de 2004 con base en Barcelona como aeroliña independente, aínda que tras a súa fusión con Clickair en 2009 é filial de Iberia. Existen numerosas discrepancias sobre a natureza da compañía, pois moitos coinciden en que se trata nunha aeroliña de baixo custo ou "low-cost" como Ryanair ou Easyjet, e outros a consideran unha aeroliña de nova xeración similar á súa fundadora JetBlue Airways ou a alemá Germanwings que xunto ao produto de baixo custo, ofrecen opcións premium. A base principal de Vueling desde a súa creación e tamén a súa hub desde maio de 2010 está en Barcelona, mentres que conta con numerosas bases de operacións no resto de España nos aeroportos de Madrid, Sevilla, Bilbao, Palma, Málaga-Costa do Sol, Valencia, Alacant e Eivissa.[3] Desde 2011, conta tamén con dúas bases internacionais, unha en Ámsterdam-Schiphol e outra en Tolosa; sendo a única aeroliña española con bases fóra de España. Ademais, a compañía proponse medrar no resto de Europa coa apertura dunha nova base en Paris-Orly[4] onde xa opera frecuencias diarias internacionais a Zúric e a Roma xunto co resto de frecuencias a España. É tamén unha das tres únicas aeroliñas de baixo custo de Europa, xunto con Air Baltic e Norwegian Air Shuttle que operan voos en conexión, algo moi típico entre aeroliñas de baixo custo de América. FrotaEn marzo de 2014 a frota de Vueling estaba composta por 72 aeronaves, cunha idade media de 7,2 anos.[5]
Notas
Véxase taménLigazóns externas
Information related to Vueling |
Portal di Ensiklopedia Dunia