Vicente Ferrer
Vicente Ferrer i Moncho, nado en Barcelona o 5 de maio de 1920 e finado en Anantapur, Andhra Pradesh (India), o 19 de xuño de 2009, foi un misioneiro laico español, considerado unha das persoas máis activas na axuda, solidariedade e cooperación coas persoas desfavorecidas nos países máis empobrecidos do mundo. A súa actividade desenvolveuse principalmente na India, onde chegou en 1952 como misioneiro xesuíta. TraxectoriaInfancia e mocidadeNa súa xuventude afiliouse ó POUM e ós 16 anos foi chamado ás filas, durante a guerra civil española. Participou na batalla do Ebro (1938) e na retirada do exército republicano a Francia despois da caída da fronte de Cataluña. Foi brevemente internado no campo de concentración de Agelès-sur-Mer. Ó non ter cometido delitos, optou por volver a España, sendo entregado polas autoridades francesas ás franquistas en Hendaia e internado no campo de concentración de Betanzos en 1939. Foi finalmente liberado pero tivo que cumprir de novo o servizo militar. Puido licenciarse despois de sete anos de mobilización contando os anos da guerra, reclusión e novo servizo militar. En 1944 abandonou os seus estudos de Dereito e ingresou na Compañía de Xesús [1]. MisioneiroEn 1970 deixou a Compañía de Xesús, casou coa periodista inglesa Anne Perry e fundou a organización Rural Development Trust (Fondo de Desenvolvemento Rural). Dende o principio do seu labor despertou grandes simpatías entre os campesiños indios, pero non entre as clases dirixentes, económicas e políticas, que vían no seu labor unha ameaza. Aínda así puido seguir adiante cos seus proxectos grazas ó apoio de Indira Gāndhi, que sempre recoñeceu o seu labor. Dende 1996 conta coa súa propia fundación, a Fundación Vicente Ferrer, a través da cal organiza toda a súa actividade. Distincións recibidas
Notas
Véxase taménLigazóns externasInformation related to Vicente Ferrer |
Portal di Ensiklopedia Dunia