Samuel de Luque Batuecas, nado en Madrid[1] o 12 de abril de 1989, coñecido en Internet como Vegetta777 ou Samuel, é un youtubeiro e streamer español que sobe vídeos de gameplays principalmente, aínda que a súa canle conta con contido variado.[2][3]
En 2022 a súa canle de YouTube tiña máis de 33 millóns de subscritores e 15 mil millóns de visualizacións,[4] sendo o segundo youtubeiro con máis subscritores e o primeiro con máis visualizacións de España.[5][6]
Traxectoria
Naceu o 12 de abril de 1989 en Madrid e mudouse a Alcorcón aos cinco anos.[7][8] Sendo moi cativo xa comezara a mostrar interese polos videoxogos, sendo unha consola Game Boy[9] a primeira que tivo. Este hobby entre outros motivos levaríao a subir vídeos a YouTube.[7] Estudou enfermaría[onde?] e graduouse como enfermeiro auxiliar.[10] No ano 2014, mudouse aos Ánxeles xunto a Willyrex,[11] cidade na que viviron ata que se mudaron a Andorra, estado no que reside dende 2016.[1][12]
Carreira
A canle de Samuel creouse en marzo do 2008, mais non foi ata o 21 de febreiro de 2012 cando subiu o seu primeiro vídeo titulado: Uncharted 3: ¡presentación del canal!.[13][7] Foi subindo máis vídeos sobre distintos videoxogos mantendo variedade de contido, sendo Minecraft o videoxogo do que fixo máis contido.[14]
Ao chegar á meta de dez millóns de subscritores, en outubro do 2015, foi recompensado co botón de diamante de YouTube, converténdose no primeiro hispano en obter un.[15] Co paso do tempo realizou colaboracións con distintos creadores de contido, entre os cales están Willyrex, El Rubius, Arsilex, Lexosi, Herny, Fargan e outros streamers de fala hispana. Entre as series máis destacadas atópanse as de Grand Theft Auto Online, PUBG, Uncharted e Minecraft.[16]
Proxectos
Participou e creou varios proxectos dentro da súa canle de YouTube, así como outros proxectos relacionados co seu contido e afeccións pero afastados do mundo desta plataforma.
- Series de Minecraft: ao longo da súa carreira, Vegetta777 creou distintas series de Minecraft, cada unha cun enfoque diferente. Entre as series máis populares pódese destacar Planeta Vegetta, as diversas temporadas de Karmaland xunto a outros creadores, Apocalipsis Minecraft, Minecraft con Noobs e Piratas (tamén xunto con outros creadores de contido, como Alexby, HeRny, Arsilex, etc.)[17][18][19][20]
- KarmaRun: xunto con Willyrex e sTaXx, Vegetta lanzou un videoxogo coa colaboración da desenvolvedora de videoxogos U-Play Online. Este é un videoxogo de tipo endless runner no que o xogador debe correr a través dun longo camiño mentres esquiva obstáculos e gaña moedas. Está dispoñible tanto na Google Play como na App Store.[21][22][23]
- Libros Wigetta: xunto con Willyrex, Vegetta777 publicou unha serie de libros para cativos e mozos que narran as aventuras dos seus dous personaxes, Vegetta e Willy, os cales son acompañados polas súas mascotas Vakypandy e Trotuman. Nas súas aventuras atópanse con diversos personaxes e vense envoltos en distintas situacións que precisan unha solución.[24] O primeiro libro desta saga foi publicado no ano 2015, e até o 2022 publicáronse 18 libros.[25][26]
- Mad Lions: en colaboración con Willyrex, Vegetta converteuse nun dos socios maioritarios de MAD Lions, un equipo de e-Sports español.[27]
- Serie animada: Willyrex e Vegetta publicaron os capítulos de Wigetta, unha serie animada con deseño en 2D dentro da plataforma YouTube nunha canle co mesmo nome.[28] Dentro da serie móstranse as aventuras dos personaxes Willyrex e Vegetta, que se atopan en situacións nas que deben axudar a certos personaxes a cumprir os seus desexos, mentres cumpren eles mesmos os seus. O primeiro capítulo obtivo moitas visitas por parte da comunidade de Vegetta e de Willyrex, así como os capítulos seguintes.[29] Até o 2022, subíronse 10 capítulos da serie.[30]
Premios e recoñecementos
Organización
|
Tipo
|
Galardón
|
Razón
|
YouTube
|
YouTube Creator Awards
|
Silver Creator Award
|
Outorgado aos creadores de contido que obteñen 100 000 subscritores na súa canle de YouTube.
|
Gold Creator Award
|
Outorgado aos creadores de contido que obteñen 1 000 000 de subscritores na súa canle de YouTube.
|
Diamond Creator Award
|
Outorgado aos creadores de contido que obteñen 10 000 000 de subscritores na súa canle de YouTube.
|
Notas
- ↑ 1,0 1,1 "Vegetta777. ESTRELLA DE YOUTUBE". es.famousbirthdays.com (en castelán). Consultado o 29 de outubro de 2022.
- ↑ "Todo sobre Vegetta777: foto, biografía, cumpleaños y últimas noticias". Movistar eSports. Consultado o 11 de marzo de 2022.
- ↑ Franco Díaz (6 de xaneiro de 2022). "TOP 10: los streamers españoles más vistos durante el 2021". Esportmaniacos. Consultado o 11 de marzo de 2022.
- ↑ "VEGETTA777 (About) - YouTube". Consultado o 29 de outubro de 2022.
- ↑ "Top 100 YouTubers Channels in Spain (Subscribers) - Socialblade YouTube Stats - YouTube Statistics" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 8 de abril de 2022. Consultado o 29 de outubro de 2022.
- ↑ "Top 100 YouTubers Channels in Spain (Views) - Socialblade YouTube Stats - YouTube Statistics" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 8 de abril de 2022. Consultado o 15 de xaneiro de 2022.
- ↑ 7,0 7,1 7,2 Samuel García (20 de agosto de 2021). "Conociendo a Vegetta777 (curiosidades)". Dossier Interactivo. Consultado o 11 de marzo de 2022.
- ↑ "Vegetta777 vivía en Alcorcón en 2012". Twitter. 12 de outubro de 2012. Consultado o 28 de xullo de 2022.
yo vivo en alcorcon
- ↑ "Vegetta777 Wiki > Biografía de este Influencer (2022)". 16 de xaneiro de 2022.
- ↑ Vegetta777 (30-09-23). Vegetta habla sobre la dinero, estudios, felicidad... Karmaland 5 (YouTube).
- ↑ "Willyrex y Vegetta se mudan a Los Ángeles a vivir juntos". Hablamos de Youtubers. 15 de maio de 2014. Consultado o 11 de marzo de 2022.
- ↑ Joan Carol (18 de xaneiro de 2021). "De Willyrex a El Rubius: estos son los 'youtubers' que se han ido a Andorra". El Periódico. Consultado o 11 de marzo de 2022.
- ↑ Álex Merino (21 de novembro de 2019). "Vegetta777: la primera vez en YouTube". Movistar eSports. Consultado o 11 de marzo de 2022.
- ↑ "Vegetta777: historia, datos y curiosidades del youtuber español | FOTOS | nesp | Espectáculos". La República. 13 de abril de 2020. Consultado o 11 de marzo de 2022.
- ↑ Mari Luz Peinado; Lucía González (23 de outubro de 2015). "El Rubius y Vegetta777, los primeros españoles 'diamante' en YouTube". El País. Consultado o 11 de marzo de 2022.
- ↑ Xiana Siccardi (11 de outubro de 2016). "Estos son los 12 'gamers' que pueden encumbrar (o destruir) cualquier videojuego". La Vanguardia. Consultado o 11 de marzo de 2022.
- ↑ Miguel Regueira (6 de xuño de 2020). "¿Qué es Karmaland?". El grupo informático. Consultado o 11 de marzo de 2022.
- ↑ "Karmaland (serie) - Wiki YouTube Pedia - Fandom". Consultado o 16 de xaneiro de 2022.
- ↑ "Todo sobre apocalipsis minecraft - Guia Alfa". Consultado o 16 de xaneiro de 2022.
- ↑ Carlos J. González (17 de maio de 2021). "Todo sobre Piratas, la nueva serie de Vegetta, Willyrex y Rubuis". Flooxer Now. Consultado o 11 de marzo de 2022.
- ↑ Sergio J. Ortiz (14 de xuño de 2015). "KarmaRun, un juego para iPad creado por 3 YouTubers". iPadízate. Consultado o 11 de marzo de 2022.
- ↑ "KarmaRun - Apps en Google Play". Consultado o 15 de xaneiro de 2022.
- ↑ "KarmaRun en App Store". Consultado o 15 de xaneiro de 2022.
- ↑ "WIGETTA. UN VIAJE MÁGICO. WILLYREX; VEGETTA777 - Librería Sinopsis". Consultado o 16 de xaneiro de 2022.
- ↑ "WIGETTA: UN VIAJE MÁGICO - VEGETTA777 - Casa del Libro". Consultado o 15 de xaneiro de 2022.
- ↑ "Vegetta777 y Willyrex - PlanetadeLibros". Consultado o 15 de xaneiro de 2022.
- ↑ Mateo, José Ángel (2018-12-01). "Willyrex y Vegetta777 anuncian su llegada como socios mayoritarios a MAD Lions". Xataka eSports (en castelán). Consultado o 2023-01-16.
- ↑ Daniel Arias (5 de novembro de 2020). "Wigetta estrenará serie animada y podrás verla gratis". Tierra gamer. Arquivado dende o orixinal o 22 de marzo de 2022. Consultado o 11 de marzo de 2022.
- ↑ Jesús Gómez (7 de decembro de 2020). "Wigetta: así fue el estreno de la serie de los YouTubers Willyrex y Vegetta777". Crónica Puebla. Consultado o 11 de marzo de 2022.
- ↑ "Videos de Wigetta". Consultado o 19 de abril de 2022.
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas