Turquesa (cor)O turquesa é a cor azul verdosa semiclara, de aspecto brillante, céreo. Denomínase tamén azul turquesa. Ten como referencia de orixe a coloración da xema homónima.[1] Esta cor está comprendida nos acervos iconolingüísticos tradicionais das culturas asiática, europea, norteamericana e mesoamericana.[1] O turquesa é unha cor estándar, é dicir, que debido ao seu uso popular inclúese en catálogos e inventarios cromáticos; mais non conta cunha definición exacta, polo que presenta variacións, sendo, na práctica unha familia de cores parecidas entre si, aturquesadas.[1] Coordenadas aproximadas da cor
UsosAntigas culturas mesoamericanasA turquesa, como xema, era moi apreciada en tempos antigos en norte e Centroamérica, sendo obxecto dun activo comercio entre diferentes pobos. Na área de influencia do náhuatl —idioma capaz de complexas metáforas e posuidor dun amplo vocabulario cromático que inclúe a cor turquesa—, o conxunto das coloracións verdeazuladas asociábase simbolicamente coa auga e a vexetación, que se entendían como elementos indispensables para a vida. Algúns materiais preciosos con esta coloración, como a turquesa, o xade e as plumas de quetzal, representaban metaforicamente a auga e a vexetación, e tamén o facían as cores destes materiais.[2] Así mesmo, un texto náhuatl di que a casa do deus Quetzalcóatl ten «traveseiros de cor turquesa», suxerindo que a cor, e non só a pedra homónima, tiña un valor simbólico asociado coa nobreza e co divino.[3] ModaA cor turquesa está suxeita aos vaivéns da moda. Foi particularmente popular nos anos 1950. Turquesa pictóricoO turquesa que se adoita ver na pinturas artísticas é tipicamente diferente do anterior. A súa coloración responde á do pigmento empregado nas pinturas comercializadas como de cor azul turquesa, turquesa ou bleu turquoise: ftalocianina de cobre bromada.[1] Unha mostra aproximada desta cor: A similitude deste turquesa pictórica coa cor da turquesa natural faise evidente ao aclarar a pintura con branco, como se ve abaixo.
Cores HTMLAs cores HTML establecidas por protocolos informáticos para o seu uso en páxinas web inclúen catro tonalidades chamadas turquoise (turquesa):
Notas
Véxase taménOutros artigos
|
Portal di Ensiklopedia Dunia