Trieste
Trieste[1] (en esloveno: Trst) é unha cidade italiana, capital da rexión de Friúl-Venecia Xulia, na fronteira con Eslovenia. É capital da provincia homónima e no 2013 tiña 204 849 habitantes.[2] Economía![]() Trieste ten un porto de notables dimensións con diferentes terminais. Ten especial importancia o tráfico de contedores, sendo a principal porta europea dos produtos turcos, grazas ao sistema de tráfico Ro-Ro co país eurasiático. Tamén son relevantes os movementos de café (un terzo das importacións nacionais) e a terminal petrolífera, da que parte o oleoduto transalpino, que abastece Austria, Baviera e a República Checa. No tráfico de pasaxeiros está en aumento a actividade cruceirística. En relación ás actividades económicas relacionadas co porto, en Trieste ten a súa sede central a empresa de construción naval de propiedade pública Fincantieri e tamén Italia Marítima, unha compañía de navegación do grupo Evergreen. No sector industrial, destaca o sector da mecánica industrial e naval, a metalurxia e a alimentación. O 90% de todas as industrias e boa parte das artesanais encóntranse na zona industrial dos vales de Zaule e Noghere, a cabalo entre os concellos de Trieste, Muggia e Dolina, xa en San Dorligo della Valle, administrada pola EZIT (Ente para a Zona Industrial de Trieste). É moi importante para Trieste a achega económica da investigación científica e o sector terciario. A cidade é sede de varias compañías de seguros. Na zona de Trieste está en discusión a construción dunha ou dúas plantas regasificadoras: unha en terra, na zona de Zaule, e outra en mar aberto, no Golfo de Trieste.[Cómpre referencia] Trieste, cidade multiétnicaTrieste é un cruzamento de culturas e relixións, consecuencia da súa posición xeográfica de fronteira e das vicisitudes históricas que a fixeron punto de encontro de moitos pobos e culturas. Na cidade de Trieste actualmente están presentes xunto aos italianos e a minoría eslovena que goza de recoñecemento oficial numerosos grupos étnicos minoritarios (croatas, serbios, romaneses, gregos, alemáns e grupos de recente asentamento como os albaneses, chineses, africanos e suramericanos. Cidades irmásGalería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Information related to Trieste |
Portal di Ensiklopedia Dunia