Realizou estudos de Filoloxía Galega na Universidade de Vigo e exerceu como profesora de lingua e literatura galega.
Ten participado en recitais do colectivo das Redes Escarlata, ao que pertence.
Participou na creación da peza teatral Sofía e as postsocráticas da Compañía Inversa teatro, na que actuou e achegou textos. Creou co músico Jesús Andrés Tejada do grupo de poesía escénica Cintaadhesiva[1], encargándose do texto e da voz.[2]
Entre o 2014 e o 2016 encargouse da organización e impartición dos cursos de Slam (spoken word) do Centro de Interpretación da Oralidade de Vigo do Concello de Vigo.[3] Imparte obradoiros de poesía en Vigo e contorna.
Nunha cita sobre a arte poética afirma: "A poesía é unha clase de perseveranza sobre o terreo queimado, a confianza en que, en lugar de que volva arder, alume".[7]
Diario de ladras, bailarinas, asasinas e flores (2016). Fervenza. 54 páxs. ISBN 978-84-944750-1-6 .[9]
Fronteira paraíso (2019). Fotografías de Andrés Tejada. Editorial Urutau. Brasil. 64 páxs. Area Erina di do libro: "A foto desenfocada de Paraíso non deixa fechar os ollos. Como será durmir nun un lugar que non é lugar? É un tempo, de noite? É a idelización que todas herdamos materializada nunha casa, unha fiestra, un xardín…Unha diana contra a que o propio amor dispara a matar".[10]
2013: Foi gañadora do Slam Arousa e do I Slam Vigo e seleccionada para participar no Slam estatal en Madrid e no Slam Internacional de Barcelona durante o ano 2013.