Santuario de Fátima
O Santuario da Nosa Señora do Rosario de Fátima (máis coñecido sinxelamente como Santuario de Fátima), atópase na Cova da Iria, freguesía de Fátima (Portugal), e é un dos máis importantes santuarios marianos do mundo. O santuario atópase a 11 quilómetros da cidade de Ourém, a 25 quilómetros de Leiria, a 120 quilómetros de Lisboa, a 180 quilómetros de Porto e está aproximadamente a 300 metros por enriba do nivel do mar, en pleno macizo calcáreo de Estremadura. Historia![]() En 1917, Lucía dos Santos, Francisco Marto e Jacinta Marto (coñecidos como "os tres pastorciños"), afirmaron ter presenciado varias aparicións da Virxe María. Nunha desas aparicións díxolles que construísen unha capela naquel lugar, que hoxe en día é a parte central do santuario onde está gardada unha imaxe da virxe. Co paso do tempo, o santuario medrou, ata hoxe en día, no que existen xa dúas basílicas, aumentado así a capacidade de acollida dos peregrinos no recinto aberto. Véxase tamén
Artigos relacionadosLigazóns externas
Information related to Santuario de Fátima |
Portal di Ensiklopedia Dunia