Presidente da República Popular da China
O Presidente da República Popular da China é o xefe de Estado da República Popular da China. Segundo a constitución do país, a presidencia é un cargo cunhas funcións en gran parte cerimoniais con poderes limitados.[1][2][3] É elixido pola Asemblea Popular Nacional para un mandato de cinco anos. O cargo está oficialmente considerado como unha institución do Estado máis que un posto administrativo. O Presidente actual é Xi Jinping, que tomou posesión do cargo en marzo de 2013.[4] Dende 1993, excepto en breves períodos de transición, os presidentes ocuparon ao mesmo tempo o cargo de Secretario Xeral do Partido Comunista da China e de comandante en xefe do exército (como Presidente da Comisión Militar Central). O cargo foi creado co establecemento da Constitución da República Popular da China en 1954 e foi ostentado sucesivamente por Mao Zedong e Liu Shaoqi. Liu caeu en desgraza política durante a Revolución Cultural e o cargo foi ocupado interinamente por Soong Ching-ling e Dong Biwu ata que foi abolido baixo a Constitución de 1975. Foi máis tarde restabelecido coa Constitución de 1982, mais con poderes reducidos. Entre 1982 e 2018, a constitución estipulou que o presidente non podería exercer máis que dous mandatos consecutivos. Durante a era Mao e na actualidade dende 2018, non hai límites de mandatos.[5] Requisitos e elecciónSegundo a actual Constitución da República Popular da China, o Presidente ten que ser un cidadán chinés en posesión de todos os seus dereitos electorais e con máis de 45 anos. O Presidente é elixido pola Asemblea Popular Nacional da República Popular da China (APNRPC), o corpo estatal máis alto da China, o cal tamén ten o poder de destituír o Presidente e outros cargos estatais. Os nomeamentos e destitucións son decididos por un voto de maioría simple.[6] Segundo a Lei Orgánica da APNRPC, o Presidente é nomeado polo Presidium da APNRPC, o órgano executivo do Congreso. En caso de que o cargo de Presidente quede vacante, o Vicepresidente sucédeo no cargo. En caso de que ambos os dous fiquen vacantes, o presidente da APNRPC actuará temporalmente como presidente até que a APNRPC poida elixir novos Presidente e Vicepresidente.[7] Antes de marzo de 2018, o Presidente e o vicepresidente tiñan limitados a dous os seus mandatos consecutivos, pero estes límites foron eliminados na Asemblea Nacional Popular en 2018.[8] Poderes e deberesBaixo a constitución actual, establecida en 1982 con revisións menores en anos posteriores, o Presidente ten o poder de promulgar leis, seleccionar e destituír o primeiro ministro así como os ministros do Consello de Estado, outorgar indultos, declarar o estado de emerxencia, ordenar mobilización masivas, e conceder honras estatais. Ademais, o Presidente nomea e destitúe embaixadores en países estranxeiros, asina e anula tratados con entidades estranxeiras. Segundo a Constitución, todos estes poderes requiren da aprobación ou confirmación da APNRPC. Como a maioría de poderes presidenciais están subordinados á ratificación da APNRPC, o Presidente é, en esencia, un posto simbólico sen unha función directa no exercicio do poder. Está por tanto concibido principalmente como unha institución simbólica do Estado máis que un cargo con poderes executivos reais.[9] Lista de xefes de Estado
PresidentesOutros xefes de Estado
Estatísticas
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externasInformation related to Presidente da República Popular da China |
Portal di Ensiklopedia Dunia