Pescara
Pescara (/peˈskaːra/, Pescàrë en dialecto abruzo, Piscàrë en pescarese[1]) é unha cidade italiana de 120 286 habitantes,[2] capital da provincia de Pescara, na rexión dos Abruzos, no centro de Italia. Esténdese por unha área de 34 km², é a cidade máis poboada dos Abruzos, con 125 717 habitantes (2017) (e aproximadamente 450 000 incluíndo a área metropolitana circundante). Situada na costa do Adriático na desembocadura do río Aterno-Pescara, o municipio actual formouse en 1927, uníndose ao municipio de Pescara, a parte da cidade ao sur do río (pertencente á provincia de Chieti), e Castellamare Adriatico (da provincia de Teramo), a parte da cidade ao norte do río. A área circundante forma a provincia de Pescara. O poeta Gabriele D'Annunzio, nado nesta cidade, foi un dos principais impulsores da creación da nova cidade. OrixesAs orixes de Pescara son anteriores á conquista romana. O nome, tanto de ámbalas dúas cidades coma o do río, era Aternum. Estaba unida a Roma pola Vía Claudia Valeria e a Via Tiburtina. A cidade era un porto importante para o comercio coas provincias orientais do Imperio e o principal edificio na cidade era o templo de Jovis Aternium. A principal rúa comercial da cidade é Corso Umberto I, que vai desde a Piazza della Repubblica e chega á praia de Piazza Primo Maggio . O rectángulo que forma con Corso Vittorio Emanuele II e Via Nicola Fabrizi inclúe o principal distrito comercial onde se atopan varias das mellores tendas de moda. O Corso Manthonè, o curso do vello Pescara, foi durante moitos anos o centro da vida nocturna da cidade. O Concello e a administración da provincia atópanse na Piazza Italia, preto do río, e no área entre aquí e as facultades de Economía, Arquitectura, Linguas Estranxeiras e Literatura da Universidade G. d'Annunzio ao sur, un barrio de negocios creceu ao longo dos anos. Ao sur inmediato da desembocadura do río atópase a mariña. Pescara tamén ten un importante aeroporto internacional chamado Aeroporto de Abruzzo e un dos máis importantes e principais portos turísticos do Mar Adriático e de Italia, o Porto de Pescara. DeportesA cidade ten un equipo de fútbol, Pescara Calcio 1936, que en xuño de 2012 ascendeu á Serie A, a máxima división do Fútbol en Italia. Pescara acolleu os Xogos Mediterráneos de 2009, derrotando a Rijeka en Croacia e Patras en Grecia para o privilexio. Entre 1924 e 1961, Pescara acolleu a carreira automobilística Coppa Acerbo, que en 1957 foi a penúltima rolda do Campionato Mundial de Fórmula 1. Desde 2011 a edición italiana do Ironman 70.3 ten lugar na cidade de Pescara, escollida polas características do territorio, pola posibilidade de construír unha competición que parte do mar continúa cara ás montañas e remata no centro da cidade.[3] Notas
Véxase tamén
Outros artigosLigazóns externas
Information related to Pescara |
Portal di Ensiklopedia Dunia