Pedro Brey Guerra

Modelo:BiografíaPedro Brey Guerra
Biografía
Nacemento7 de setembro de 1889 Editar o valor en Wikidata
Oca, España Editar o valor en Wikidata
Morte29 de maio de 1967 Editar o valor en Wikidata (77 anos)
Oca, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestre, fotógrafo Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1694923 BUSC: brey-pedro-1889-1967 WikiTree: Brey-95

Pedro Brey Guerra, nado en Rendo (Oca, A Estrada) o 7 de setembro de 1889 e finado no mesmo lugar o 29 de maio de 1967, foi un mestre e fotógrafo galego.[1]

Traxectoria

Fillo de Manuel Brey Barcala (1846-1923), mestre e propietario na parroquia de Oca, e Juana Guerra Fernández. Foi o sexto fillo nunha familia de sete irmáns. A súa nai faleceu en 1900 en Santiago de Compostela, e Pedro trasladouse a Noia baixo a tutela da súa tía Genoveva Guerra, tamén mestra. Pronto regresou a Oca co seu pai que morreu en 1923. Estudou maxisterio e foi nomeado mestre interino da escola de Arnois en outubro de 1913, ocupando o posto de seu pai. Dende xaneiro de 1916 foi mestre en propiedade desa escola por oposición.

Aprendeu de forma autodidacta a técnica fotográfica e cuns 17 anos escribiu uns apuntamentos onde resumía “o método para copiar a natureza e facer retratos cunha máquina en poucos minutos e con gran exactitude”. Como fotógrafo afeccionado documentou o seu contorno humano: familiares, amigos e paisanos. Fixo fotografías dende a súa xuventude até o nacemento da súa primeira neta, a mediados dos anos cincoenta cando postergou a súa afección.

Vida persoal

Casou en Santiago de Compostela con Purificación Álvarez Rico en xuño de 1917.[2]

Notas

  1. La Noche, 31-5-1967, p. 6.
  2. El Eco de Santiago, 25-6-1917, p. 2.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Information related to Pedro Brey Guerra

Prefix: a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z 0 1 2 3 4 5 6 7 8 9

Portal di Ensiklopedia Dunia

Kembali kehalaman sebelumnya